Tres veteranos da Sociedad Gimnástica logran a mínima para o Campionato de España Máster
Por Redacción
A Copa Galega de clubs de categoría máster pechouse o 12 de xaneiro con boas noticias para os atletas da Sociedade Gimnástica. Xulio Ventín, Helena Rei, Marta González e Angel Moldes foron os representantes do conxunto pontevedrés e os tres primeiros, ademais de contribuír a elevar ao seu equipo ata o segundo posto da xeral, conseguiron clasificarse para o próximo campionato de España da categoría.
Defendendo as cores do Club Atletismo Sada, entidade coa que a escuadra lerezana mantén un acordo de afiliación, os atletas ximnásticos asinaron catro primeiros postos. O primeiro ouro foi o que conseguiu Xulio Ventín en salto con pértiga. A súa marca de 3,01 metros supón, ademais do récord galego da categoría máster 55, bater a mínima para asistir ao nacional de pista cuberta.
En lanzamento de peso, Helena Rey impúxose con solvencia ao asinar un rexistro de 10,42 metros, que supón tamén a clasificación para o campionato de España en categoría Máster 45. A súa compañeira, Marta González, logrou tamén o pase en categoría Máster 35 para as disciplinas de salto con pértiga e triplo salto ao asinar saltos gañadores de 3,01 e 9,75 metros, respectivamente.
Menos sorte tivo Anxo Moldes, que na carreira de 60 metros valados non conseguiu subirse ao podio