España cita o cadete do Cisne, Rubén Sequeiros, para unha concentración xuvenil en Sierra Nevada
Por Manu Otero
O xogador de categoría cadete do Cisne, Rubén Sequeiros, acaba de ser seleccionado pola área técnica da Real Federación Española de Balonmán para participar nunha concentración no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada entre o 12 e o 19 de febreiro.
A convocatoria da nova promesa pontevedresa, que compartirá vestiario con xogadores de categoría xuvenil, foi recibida con alegría na familia cisneísta que ve como a súa achega ás categorías inferiores da selección española non deixa de crecer. O lateral Álvaro Prezado xa é un habitual do combinado xuvenil, mentres que o extremo xuvenil Carlos Álvarez tamén foi chamado en diversas ocasións polo combinado nacional. Ademais, o adestrador do cadro pontevedrés, Javier Fernández, Jabato, foi nomeado no 2019 seleccionador do equipo de categoría xuvenil.
No CAR de Granada, Sequeiros, que se desenvolve con soltura no posto de lateral esquerdo, compartirá adestramentos con outros 67 xogadores da xeración do 2004 e 2005 pertencentes á canteira de clubs de primeiro nivel de todo o territorio español.
Relacionadas:
-
O Campionato do Mediterráneo, próximo reto dos cisneístas Carlos Álvarez e Daniel Virulegio coa Selección Española Xuvenil
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O líder volve á competición para defender o trono de prata
Por Manu Otero |
-
O Ismai de Portugal vence o Cisne no XXVI Memorial Manuel Luaces (26-35)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Álvaro Preciado, convocado pola Selección Española Júnior para o Torneo IV Nacións
Por Redacción |
-
O Cisne 'esmaga' o Zarautz e segue líder (33-22)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |