Viaxe a Cidade Real para un Teucro en recomposición
Por Diego Espiño
As augas baixan revoltas na Sociedad Deportiva Teucro, e só volver á senda dos bos resultados pode aliviar a situación da entidade a nivel deportivo.
"Creo que es más la sensación o el ruido que la inestabilidad real", defende Luís Montes, pero o certo é que o equipo sumou unicamente 1 triunfo e 1 empate nos seus últimos 7 encontros de liga.
Nesta difícil situación o plantel azul estrea 2020 este sábado (18:00 horas) cunha esixente saída á cancha do Alarcos de Cidade Real. Faino tras só 7 sesións de preparación, a maioría dobres, tras a súa volta aos adestramentos. "Se nos ha hecho justito el trabajo", recoñece o preparador pontevedrés, que cualifica este choque e o da seguinte semana contra o Córdoba de "importantísimos".
Para o técnico o Alarcos "por plantilla es un candidato al ascenso", a pesar de chegar á cita empatado a puntos co Teucro (13).
Os pontevedreses chegan á cita xustos de efectivos ante as ausencias de Perovic e Bojicic, na rampla de saída, e do lesionado Cisneros. Si viaxa a recente fichaxe, o pivote Adrián Freiría, a pesar do seu aínda baixa forma.
Relacionadas:
-
O Teucro regresa á competición con vitoria sobre o Alarcos (22-26)
Por Almu Dapena |
-
Adrián Freiría, fichaxe de 'urxencia' do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Perovic, ausente dos adestramentos, negocia a súa saída do Teucro
Por Manu Otero |
-
Sen caras novas na xunta xestora provisional do Teucro
Por Redacción |
-
Primeiros pasos para a organización do 75 aniversario do Teucro
Por Redacción |