O Palencia cómese ao Peixe Galego (90-58)
Por Manu Otero
O Peixe Galego encaixa unha nova derrota. O cadro marinense foi incapaz de competir nun partido no que comezaron conseguindo unha ilusionante vantaxe na metade do primeiro cuarto pero que se disipou ao final do mesmo período. Os de Llorente non souberon contrarrestar o potencial anotador dos locais desde a liña de tres puntos e a diferenza foi incrementándose ata deixar o duelo sentenciado ao descanso. Sen capacidade de resposta, o Palencia seguiu castigando a incapaz defensa visitante para pechar unha xeira de tres derrotas consecutivas cun triunfo tan contundente como balsámico.
O equipo marinense saltou enchufado á cancha. Súa foi a primeira canastra, á que os palentinos responderon co primeiro dos trece triplos que anotaron no partido. Con todo, os locais perderon a puntería nestes compases iniciais e o Peixe aproveitou para endosarlle oito puntos de vantaxe.
Pero os de Marín desapareceron logo do partido. Un parcial de 13-0 favorable ao Palencia serviu para voltear o marcador ao finalizar o primeiro cuarto. E ao comezo do segundo, un novo parcial de 13-0 deixou servida a enésima derrota do conxunto marinense nesta tempada. Pradilla e Jorgensen, cun acerto no tiro exterior superior ao 60 %; e o domino da zona de De Paula (8/10 en tiros de dous); foron os encargados de acabar coa escadra visitante.
O partido foise ao descanso con 43-21 no marcador e tras a continuación, os de Llorente trataron de reaccionar e lograron reducir a diferenza ao final do terceiro parcial grazas ao empeño de Jacobo Díaz, o máis activo do Peixe.
Con todo, no cuarto definitivo Palencia volveu pisar o acelerador e pechou o partido cunha das maiores diferenzas sufridas polo conxunto recentemente ascendido nesta tempada (90-58),
Consulta nesta ligazón as estatísticas do partido.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego domina pero cede no último cuarto ante o líder, o Valladolid (69-75)
Por Diego Torrado & Almu Dapena |
-
Filip Toncinic deixa o Peixe e chega Sangone Niang
Por Manu Otero |
-
Desastre tras o descanso do Peixe Galego que lle deixa sen opcións ante o HLA Alicante (65-97)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Recuperar sensacións, obxectivo do Peixe Galego no peche da primeira volta
Por Redacción |
-
O Peixe Galego visita ao Palencia con todo o seu arsenal
Por Manu Otero |
-
Amargo peche de 2019 para o Peixe Galego con derrota ante o Oviedo (53-73)
Por Almu Dapena |
-
Agasallo de Nadal en forma de vitoria para o Peixe Galego (80-89)
Por Manu Otero |