O Supermercados Froiz ficha a Samuel Blanco, campión da Volta a Galicia no 2017
Por Manu Otero
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz fixo oficial este xoves a fichaxe do corredor galego Samuel Blanco para deixar pechada o seu plantel para a próxima tempada. O ciclista, vencedor da Volta a Galicia no 2017, regresa á súa terra tras un periplo por Portugal.
A nova fichaxe da escuadra alimenticia chega despois da saída de Jesús Arozamena, que deu o salto ao circuíto profesional. Desde a dirección do conxunto pontevedrés esperan que Blanco achegue un salto de calidade ao equipo e explican que o seu rol será o de gregario, así como o encargado de buscar vitorias nas carreiras por etapas.
O propio corredor mostrouse moi ilusionado ante esta nova etapa e xa ten en mente os obxectivos da tempada, que pasan por conseguir a vitoria na Volta a Coruña, a Zamora, a Galicia e nos Campionatos de España.
O Supermercados Froiz dá por pechada o seu plantel con 18 corredores.