25.000 euros de axuda para a SCD Ponte Caldelas
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e o presidente da Sociedade Cultural Deportiva Ponte Caldelas, Pedro Rodríguez, vén de renovar o seu acordo de colaboración.
En realidade trátase da subvención correspondente ao ano 2019 a piques de finalizar, e pola cal a entidade deportiva recibirá unha axuda de 25.000 euros.
É a mesma cantidade que o curso pasado, destinada ao funcionamento da escola municipal de fútbol que acolle a preto de 300 nenos.
A novidade nesta ocasión é que para facilitar a liquidez do club deportivo, en lugar de executarse nun único pago a final de ano a subvención irase abonando en cotas mensuais ou trimestrais, sinalaron desde o goberno local.