O Leis despide o ano en postos de play-off
Por Redacción
O turrón terá un sabor especial este nadal para o Leis Pontevedra, que conseguiu despedir o ano nunha situación de privilexio dentro do Grupo I da Segunda División B de fútbol sala.
O conxunto pontevedrés experimentou un salto de calidade esta tempada que lle confirmou nos primeiros postos da categoría e ábrelle un futuro esperanzador.
Así tras a vitoria conseguida no seu último compromiso de 2019, na cancha do Ventorrillo (3-6), os de Mikel Diestro marchan ao parón en postos de play-off de ascenso, ao ser cuartos con 29 puntos, a 1 do terceiro (O Esteo) e a 2 puntos do segundo clasificado (Albense).
Ante o Ventorrillo resultou decisiva a achega de Marco na portería, con intervencións de mérito que permitiron levar os puntos en xogo acompañando aos goles de Niko, Dani, Cley, Arroyo, Arturo e Toño.
Na próxima xornada de liga na Segunda División B o Leis Pontevedra enfrontarase de novo a domicilio ao Sala Ourense, equipo que lle segue na táboa desde o quinto lugar con 4 puntos menos.