O Cortegada leva o derbi fronte o Arxil (69-77)
Por Redacción
O derbi pontevedrés da Liga Feminina 2 entre o Arxil e o Cortegada disputado este sábado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva decantouse ao lado do equipo arousán, que soubo repoñerse do bo inicio das verdes para voltear o marcador e facerse coa vitoria.
O acerto das visitantes e a falta de puntería das de Mayte Méndez desde a liña de tres marcou o devir do partido. As verdes só foron capaces de anotar dúas dos once intentos desde a liña de 6,75. Pola contra, as arousás converteron o 46 % dos seus tiros.
No arranque do partido foron as pontevedresas as que levaron a iniciativa. Chegaron ao final do primeiro parcial cun punto de vantaxe, pero ese aparente dominio disipouse a partir do segundo acto cando o Cortegada, liderado por Jones, conseguiu voltear o marcador e irse ao descanso cunha vantaxe de dous puntos (35-37).
Tras o paso por vestiarios, o Arxil desmoronouse. As visitantes puxeron unha marcha máis ao partido e a distancia no marcador comezou a ser insalvable. Trataron de reaccionar as verdes no último cuarto. Forster foi a máis inspirada da escuadra pontevedresa, pero os seus 22 puntos foron insuficientes para obrar a remontada.
Consulta nesta ligazón todos os datos do partido.
Relacionadas:
-
Mal comezo da segunda volta para o Arxil que cae na súa visita ao Celta (80-61)
Por Redacción |
-
O Arxil ficha a ala-pívot arxentina Johanna Puchetti
Por Redacción |
-
O Leganés deixa sen opcións o Arxil no terceiro cuarto (71-43)
Por Redacción |
-
O Arxil gaña o Trofeo Cidade de Pontevedra ante o Carmelitas de Ourense
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arxil valora a chegada de reforzos para o equipo de Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil-Cortegada, un derbi solidario
Por Redacción |
-
Dura derrota do Arxil na súa visita ao Real Canoe (76-61)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil non pode facer nada ante o recentemente descendido Baxi Ferrol e suma a súa cuarta derrota consecutiva (67-113)
Por Redacción & Diego Torrado |