Paco, gardameta procedente da UD Somozas, substituirá a Lloves na portería do Pontevedra CF
Por Alejandro Espiño
Sergio Lloves xa ten sustituto na portería do Pontevedra CF. Como avanzou PontevedraViva o pasado venres, Francisco Fernández Pernas, coñecido futbolísticamente como Paco, era o desexado pola dirección deportiva granate para suplir a marcha do seu porteiro titular ao ÿlafsvik Vikingur, equipo da Primeira División de Islandia. A súa fichaxe foi confirmada polo club este martes.
Paco ten 25 anos, mide 1,87 de estatura e formouse no Rácing de Ferrol, en cuxo primeiro equipo estivo durante catro tempadas, antes de recalar nas filas da UD Somozas, conxunto no que xogou a pasada campaña. Os que o viron xogar defíneno como un gardameta con moitos reflexos e moi seguro baixo os paus.
Este novo porteiro acompañará a Edu Sousa, procedente do filial, na portería do equipo granate. O club espera aínda unha resposta de Lorenzo á oferta de renovación á baixa que lle cursou o director deportivo granate, Milo Abelleira.
Paco, xunto con Luismi, dianteiro procedente do Ourense, será presentado oficialmente este xoves como xogador do Pontevedra CF.