Pablo García prepara en París o seu asalto aos clasificatorios olímpicos
Por Redacción
Tokyo 2020 está cada vez máis preto e os deportistas pontevedreses apuran as súas opcións de poder estar nos Xogos Olímpicos.
Un deles é Pablo García, que estes días participa en París na Concentración Internacional INSEP xunto ao resto do equipo nacional absoluto de loita libre masculina e loita grecorromana.
O deportista do Loita Pontevedra afina nestas datas a súa preparación para as citas clasificatorias continentais e mundial de 2020 que darán acceso ás Olimpíadas e nas que tentará apurar as súas opcións.
García (-74 quilos), que adestra habitualmente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, está acompañado na capital francesa doutro loitador galego, Damián Iglesias (Club de Loita Touro).
Nestas xornadas, que se en este caso prolongaranse ata o día 22 de decembro, os loitadores miden o seu nivel fronte a deportistas doutros países que serán os seus rivais nas competicións internacionais. Pablo García de feito vén de participar recentemente noutra concentración que tivo lugar do 25 de novembro ao 1 de decembro en Bulgaria.