Churre e dez máis para alimentar o soño copeiro do Pontevedra
Por Diego Espiño
A Copa do Rei máis ilusionante dos últimos anos entra en escena para o Pontevedra Club de Fútbol, que este mércores (19:00 horas) recibe no Estadio Municipal de Pasarón o Ibiza, terceiro da táboa no Grupo I da Segunda B. Os granates soñan con eliminar a partido único o cadro balear para cruzarse cun Primeira na seguinte rolda.
"Este año el premio comienza antes, porque hasta ahora te ibas matando unos a otros de manera que digamos que la Copa fuese ligeramente más cómoda para los poderosos. A mí este formato me gusta más", sinala Carlos Pouso sobre a nova cara do Torneo do K.O.
Pero antes de pensar en enfrontarse a un equipo de superior categoría o Pontevedra debe superar a un óso duro, un Ibiza dirixido por Pablo Alfaro que "es una apuesta clara y sólida por hacerse un hueco en la Liga de Fútbol Profesional", avisa Pouso, porque "es un equipo con las ideas muy claras, que tiene dos hombres por puesto y puede rotar y presentar un once realmente competitivo".
O técnico granate avanza cambios no once. "Alguno habrá, no te voy a decir cuantos", sinala, aínda que dependerá tamén do estado que presente o terreo de xogo despois das choivas dos últimos días porque "si el campo está muy bien voy a hacer más cambios que si intuyo que está más pesado", avanza o preparador vasco.
O que si apunta ao once titular é Churrre no centro da defensa, ao estar sancionado para o último partido de liga do ano por cumprir ciclo de amoestacións, e ademais regresan a unha convocatoria Pol Bueso e Santi Figueroa superadas as súas respectivas lesións musculares.
Pola contra Berrocal perderá o partido copeiro e tamén o partido de liga do domingo ante o San Sebastián de los Reyes ao recaer dos seus problemas musculares no duelo do pasado domingo. O futbolista sofre unha microrrotura fibrilar no abdutor que lle manterá un par de semanas no dique seco.
O Pontevedra fixou en 6 euros as entradas para o partido de Copa do Rei, cun suplemento de 3 euros no caso dos socios que non retiraron no verán o carné Plus.
Relacionadas:
-
Suspendido pola choiva aos 16 minutos o Pontevedra-Ibiza de Copa do Rey (0-0)
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |
-
Gran partido dun Pontevedra que puido golear ao Rayo Majadahonda para terminar sufrindo (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O duelo entre Pontevedra e Ibiza de Copa do Rei solaparase en horario co 'Clásico'
Por Redacción |
-
O Pontevedra recibirá o Ibiza na primeira rolda da Copa do Rei
Por Almu Dapena |