Irene Trabazo asegúrase en Valencia o título de campioa da Copa de España Sub-23 de Ciclocrós
Por Redacción
O Ciclocross Internacional Ciudad de Valencia puxo fin esta fin de semana á Copa de España 2019 de Ciclocrós, e fíxoo cunha gran noticia para o deporte marinense.
Irene Trabazo logrou subir ao podio final da competición como vencedora da categoría sub-23.
O certo é que a deportista do club XSM chegaba a Valencia co título case no peto despois das cinco primeiras citas do calendario e tras deixar o triunfo case decidido na Copa de España celebrada en Pontevedra, pero non deu lugar á sorpresa para certificar o primeiro posto.
Trabazo foi segunda na última carreira do calendario na categoría sub-23, sendo só superada por Sofía Rodríguez, e ademais logrando un meritorio sexto posto na clasificación absoluta, conseguindo así os puntos necesarios para vencer no certame nacional.
Pechada a Copa de España, o ciclocrós nacional volve mirar agora cara a Pontevedra, onde o 11 e 12 de xaneiro e por segundo ano consecutivo terá lugar o Campionato de España da especialidade.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo participa en Altea na primeira concentración nacional de ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo finaliza no posto 24 no Mundial de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Galicia presenta as súas armas para Campionato de España de Ciclocrós na Illa das Esculturas
Por Redacción |
-
O Nacional de ciclocrós de Pontevedra, primeiro en ter unha carreira inclusiva
Por Redacción |
-
Irene Trabazo lidera a clasificación Sub-23 da Copa de España de Ciclocrós a falta dunha proba
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Irene Trabazo vístese de líder Sub-23 na Copa de España de Ciclocrós antes do seu desembarco en Pontevedra
Por Redacción |
-
Jacobo Ucha acaba primeiro e Irene Trabazo segunda na Copa Galicia de Ciclocrós de Marín
Por Redacción |
-
Irene Trabazo e Jacobo Ucha vencen en Poio para inaugurar a nova tempada de ciclocrós
Por Redacción & Diego Torrado |