Cisne e Teucro, dúas maneiras opostas de afrontar o parón do Nadal
Por Diego Espiño
O turrón comerase de dúas formas totalmente diferentes no que respecta a os equipos pontevedreses da División de Honra Prata.
Non só a clasificación separa aos dous equipos da cidade. Nese aspecto o Cisne está completando a mellor tempada da súa historia, líder destacado con 22 puntos despois de sumar 11 triunfos e unha soa derrota, e aínda cun partido menos que moitos dos seus rivais. Sen embargo o Teucro segue marcado pola irregularidade e os seus últimos resultados (1 vitoria e 1 empate nos 7 últimos partidos) colocáronlle nun lugar máis comprometido, ao ser noveno con 13 puntos e só 2 por encima do posto de promoción de permanencia.
Tras a xornada da fin de semana a competición ligueira para ata o 11 de xaneiro, tempo para a reflexión e para pensar no segundo tramo do curso, pero esa reflexión será diferente en cada beira do río Lérez.
Desde o Pavillón Municipal dos Deportes o Teucro, coa maioría dos seus xogadores chegados desde fóra de Galicia, decidiu dar descanso ata o día 2 de xaneiro, data na que Luís Montes citou de novo aos seus para empezar a preparar o duelo do día 11 en Ciudad Real, ante o Alarcos.
No bando contrario, no CGTD, Jabato aproveitará a orixe pontevedresa e galego de gran parte do seu plantel para seguir traballando, empezando esta semana por unhas sesións de adestramento con especial carga física. Ademais está previsto que disputen o tradicional Memorial Manuel Luaces como partido de preparación.
Unha situación que servirá ao Cisne para manter o ton ante o esixente inicio de ano que lle espera, xa que na primeira semana de competición recuperará a xornada suspendida no seu momento e afrontará tres partidos: o día 11 contra o Alcobendas a domicilio, o mércores 15 de xaneiro contra o Torrelavega na casa e o 18 de xaneiro de novo a domicilio na cancha do Bordils.
Relacionadas:
-
O líder volve á competición para defender o trono de prata
Por Manu Otero |
-
Adrián Freiría, fichaxe de 'urxencia' do Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Ismai portugués, rival do Cisne no Memorial Luaces tras o aprazamento do partido de liga en Alcobendas
Por Redacción |
-
Cea de nadal de ex-teucristas ou quizais algo máis?
Por Ramiro Espiño |
-
Álvaro Preciado, convocado pola Selección Española Júnior para o Torneo IV Nacións
Por Redacción |
-
Primeiros pasos para a organización do 75 aniversario do Teucro
Por Redacción |
-
O Cisne 'esmaga' o Zarautz e segue líder (33-22)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Ridículo do Teucro ante o Atlético Novás (24-35)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Ferrán Cisneros deberá pasar polo quirófano e di adeus á tempada co Teucro
Por Redacción |