Ridículo do Teucro ante o Atlético Novás (24-35)
Por Almu Dapena & Diego Torrado
Nada puido facer a Sociedade Deportiva Teucro no Pavillón Municipal ante o Atlético Novás, que se mostrou moi superior durante os 60 minutos de encontro.
Os de Luís Montes chegaban á cita coa intención de gañar e recuperarse da derrota da semana pasada ante o Bordils, pero non foi así, volveron facer o ridículo e esta vez ante a súa afección.
O Atlético Novás empezou mandando no marcador cun parcial de saída de 1-4 que reducía o Teucro cos goles de Andrés Moyano e Iván Rodríguez e parecía que comezaba a espertar. Con todo, os erros dos locais eran moi claros e vían como o seu rival facíalles dano con tanta facilidade que a desvantaxe aumentaba en 7 goles cando se chegaba ao ecuador da primeira metade (5-12).
Luís Montes pedía tempo morto e parecía que os azuis se volvían a meter en partido recortando as desvantaxe a cinco goles (8-13). De novo volvía o mal momento do Teucro que vía na portería do Novás un branco infranqueable.
Quedaban cinco minutos para chegar ao descanso e os visitantes conseguían a súa maior vantaxe ata o momento ao marcharse en 8 goles (9-17), resultado que se reduciu antes de chegar ao descanso cun gol de Nikola Perovic (11-18).
Despois do paso polo vestiario o partido continuou igual. O Teucro estrelaba os seus lanzamentos contra o porteiro do Novás, que saíu mellor á cancha e pasáballe por encima aumentando a súa renda en 15 goles cando se chegaba ao ecuador da segunda metade.
A partir de aí, os de Luís Montes parecía que espabilaban reducindo a desvantaxe en 10 grazas aos goles de Iván Rodríguez e Cristian Remeseiro (16-29), cifra que o Teucro non foi capaz de maquillar.
As diferenza era demasiada e o duelo chegou ao seu fin cun contundente 24-35 que deixa ao Teucro practicamente sen opcións de pelexar polos primeiros postos da táboa.
Consulta as estatísticas do partido Teucro-Atlético Novás na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Derrota do Teucro tras unha desastrosa segunda metade fronte ao Córdoba (29-30)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Teucro regresa á competición con vitoria sobre o Alarcos (22-26)
Por Almu Dapena |
-
Adrián Freiría, fichaxe de 'urxencia' do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Cea de nadal de ex-teucristas ou quizais algo máis?
Por Ramiro Espiño |
-
Cisne e Teucro, dúas maneiras opostas de afrontar o parón do Nadal
Por Diego Espiño |
-
O proceso electoral á presidencia do Teucro péchase sen candidatos
Por Redacción |
-
O derbi entre Teucro e Atlético Novás, plato forte da xornada na División de Honra Prata
Por Diego Espiño |
-
Volta ás andadas do Teucro na cancha do Bordils (33-24)
Por Diego Espiño |
-
O Teucro sofre pero vence ao Alcobendas (31-26)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Teucro tira ao lixo un punto en Zarautz (29-29)
Por Diego Espiño |