Cerdedo-Cotobade estréase no circuíto galego de dúatlon cros
Por Redacción
Carballedo será escenario o vindeiro domingo 8 de decembro do primeiro Dúatlon Cros Concello de Cerdedo-Cotobade.
Ao redor de 200 deportistas participarán nun evento que está incluído dentro do circuíto galego da especialidade, impulsado pola Federaión Galega de Tríatlón.
A actividade dará comezo ás 10:20 horas coa proba de promoción, que terá continuidade ás 11:00 horas coa competición sénior nun percorrido de 6 quilómetros de carreira a pié, 19,2 quilómetros de ciclismo BTT e outros 3 quilómetros de carreira a pé.
O dúatlon, que foi presentado de maneira oficial este xoves, está organizado polo Club Tríatlon Rías Baixas, o Clube Ciclista Cerdedo-Cotobade e o Concello.
O obxectivo do goberno local é que o municipio poida "seguir crecendo ata converternos, no futuro, nun escenario ideal para acoller grandes probas desta crecente práctica deportiva", sinalou o alcalde, Jorge Cubela.