O Peixe Galego recupera efectivos para o momento clave da tempada
Por Diego Espiño
Chega o momento da verdade para o Peixe Galego, e faino con noticias positivas para os de Marín.
Despois de catro derrotas consecutivas e semanas afectados por problemas físicos que minguaron ao equipo, o conxunto adestrado por Javi Llorente recupera efectivos no momento máis importante, cando no horizonte aparecen varios encontros ante rivais directos na loita pola permanencia na liga LEB Ouro.
"Va a depender un poco la temporada de lo que hagamos este mes", recoñece o técnico 'peixe', empezando polo duelo deste venres (21:00 horas) na pista do Força Lleida, décimo quinto clasificado cun balance de 3-8 en contra e que chega á cita en plena crise, tras un cambio no banco.
Nos marinenses volve estar dispoñible Tai Badmus, recuperado do golpe que lle deixou fóra do último encontro ante o COB, e tamén regresa Romone Saunders, de volta de Estados Unidos solucionada a tramitación do seu visado e tamén recuperado da escordadura que lle mantiña de baixa.
"La buena noticia es que el menos tenemos dos jugadores más en la rotación aunque no estén en su mejor momento", sinala Javi Llorente, que desta forma só contará coa baixa de Álex Mazaira.
Entre os aspectos clave para lograr en Lleida a que sería a segunda vitoria da tempada, o adestrador do Peixe Galego sinala o manter o nivel ofrecido nos últimos encontros na Raña e tamén tentar controlar o rebote "porque el juego interior de Lleida es muy poderoso, es su mayor virtud".
Relacionadas:
-
Agasallo de Nadal en forma de vitoria para o Peixe Galego (80-89)
Por Manu Otero |
-
Un Peixe Galego a altibaixos cae derrotado en Lleida (82-70)
Por Redacción |
-
A escasa rotación condena ao Peixe Galego no derbi fronte ao Club Ourense Baloncesto
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Joel Hernández e Romone Saunders viaxan a Estados Unidos e deixan o Peixe Galego en cadro
Por Redacción |
-
Derrota do Peixe Galego no derbi fronte ao Breogán (72-53)
Por Almu Dapena |