Álvaro Bustos non conclúe a sesión no regreso do Pontevedra aos adestramentos
Por Diego Espiño
Non hai xornada sen sobresalto ultimamente no Pontevedra Club de Fútbol. Se no primeiro adestramento da semana, o pasado luns, foi Pol Bueso o que reportou problemas musculares, este mércores tras o día de descanso do primeiro persoal o foco de atención estivo centrado en Álvaro Bustos.
Non foi por lesión, senón por enfermidade, pero o extremo viuse obrigado a abandonar prematuramente a sesión de traballo celebrada en Poio. O motivo, unha amigdalite que lle fixo acudir ao médico e buscar descanso.
Bustos confía en todo caso que o repouso lle permita mellorar e recuperarse a tempo para estar ao dispor do técnico a fin de semana de fronte á viaxe do equipo a Canarias, onde se enfrontará ao filial da UD Las Palmas.
Sobre o céspede da Seca, os que traballaron a menor ritmo foron os tocados Pol Bueso e Santi Figueroa antes as súas respectivas lesións musculares.
Pola súa banda o gardameta Brian exercitouse cos seus compañeiros pero coma se dun xogador de campo máis se tratase, sen realizar exercicios de portería como os seus compañeiros Edu Sousa e Diego Dadín #ante as dores nas costas que xa lle deixaron fóra das dúas últimas convocatorias.
Relacionadas:
-
Remonta o Pontevedra con dous goles de Adighibe a Las Palmas Atlético (1-2)
Por Ramiro Espiño |
-
O Pontevedra viaxa con 16 xogadores para enfrontarse o Las Palmas Atlético
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Pol Bueso, cunha microrrotura de fibras, o último en sumarse a unha enfermería que non dá tregua
Por Diego Espiño |
-
Dominio sen froito do Pontevedra sobre o Langreo en Pasarón (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |