O Pontevedra Rugby Club perde a súa condición de invicto ante o potencial do CR Ferrol
Por Redacción
Chegou a primeira derrota da tempada para o Pontevedra Rugby Club na Liga Galega, aínda que o fixo ante o gran favorito a repetir título autonómico e mesmo candidato ao ascenso de categoría, o CR Ferrol.
Os pontevedreses chegaban á cita, disputada no campo de Monte Porreiro, pletóricos tras encadear cinco vitorias nas súas primeiras cinco xornadas de competición e ilusionados con plantar cara a un rival temible.
Así, puxeron todo do seu parte para dar batalla e conseguírono durante a primeira metade, na que se adiantaron o visitantes pero na que o PRC conseguiu chegar ao descanso en vantaxe (19-17).
Con todo era un ritmo difícil de manter e co paso dos minutos o Ferrol sacou a relucir a súa calidade. Durante o segundo acto o líder da categoría converteu seis ensaios sen que os locais conseguisen responder levando ao final o partido cun contundente 19-49.
A pesar da derrota o PRC mantense nos postos altos da táboa, ao ser terceiro con 22 puntos, mentres que o Mareantes, que descansou esta xornada, é undécimo con 4 puntos.