Coke Carrillo dá o salto á Selección Española Sub-18
Por Diego Espiño
Os técnicos da Real Federación Española de Fútbol non perden de vista a progresión de Jorge Carrillo, 'Coke', gardameta pontevedrés que milita actualmente no equipo xuvenil B do Fútbol Club Barcelona.
Na súa segunda campaña no club catalán, ao que chegou no seu primeiro ano como xuvenil tras destacar na canteira do Pontevedra Club de Fútbol, o xogador de Poio segue queimando etapas na súa formación e agora dará o salto á Selección Española Sub-18.
Cando aínda xogaba na casa xa debutou como internacional nunha concentración de categoría sub-16, pero agora Carrillo sobe un chanzo ao ser convocado polo seguinte equipo nacional.
En concreto Coke foi incluído na convocatoria de España para o Torneo Internacional Sub-18 do Algarve, en Portugal, que se disputará do 7 ao 11 de decembro.
O porteiro, asentado no seu segundo ano como xuvenil no equipo B do Barcelona, ten nesta cita unha nova oportunidade para demostrar a súa calidade nun torneo no que tamén participarán as seleccións de Portugal, Turquía e Romanía.
Relacionadas:
-
Coke Carrillo, de concentración coa Selección Española Sub-19
Por Diego Espiño |
-
Coke Carrillo debuta coa Selección Española Sub-18 cun empate ante Romanía (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra fai oficial o traspaso do canteirán Jorge Carrillo ao Barcelona
Por Diego Espiño |
-
O Barcelona negocia a incorporación do canteirán do Pontevedra Jorge Carrillo
Por Diego Espiño |
-
O futuro da portería do Pontevedra está nas súas mans
Por Diego Espiño |
-
O porteiro do Pontevedra Jorge Carrillo, convocado pola Selección Española Sub-16
Por Redacción |