Máis que unha concentración, unha festa do baloncesto de base
Por Redacción & Diego Torrado
O pavillón do colexio Los Sauces acolleu o domingo a primeira concentración babybasket da tempada para os equipos da comarca.
Foi unha xornada de asmbiente festivo con gran presenza de deportistas e tamén pais e nais nas bancadas para gozar da competición.
Na concentración participaron cinco clubs de Pontevedra e Marín con sete equipos, con dous deles do Boa Vila Basket e outros dous do Estudiantes ademais de Sagrado Corazón, CAB Pontevedra e Marín Peixe Galego.
Pouco importaba o resultado, o importante era gozar do deporte, e é o que fixeron os moitos nenos e nenas presentes sobre a pista, que participaron en catro partidos en sistema de xogo de todos contra todos.