O Pontevedra B non pasa do empate sen goles contra o Gran Peña na Xunqueira
Por Redacción
Catro partidos leva o Pontevedra B sen coñecer a vitoria.
O conxunto granate recibiu esta fin de semana no campo da Xunqueira ao penúltimo clasificado en Preferente, a Gran Peña, coa esperanza de conseguir uns valiosos tres puntos que o devolvesen á parte media da táboa.
O partido estivo marcado pola igualdade en todo momento e ambos os equipos puideron gañar pero ningún foi capaz de inclinar a balanza ao seu favor durante os 90 minutos.
Con este resultado, o Pontevedra B colócase no posto número 13 igualando o seu número de partidos gañados, empatados e perdidos (5).
Consulta a acta do Pontevedra B-Gran Peña na seguinte ligazón.
Vilalonga e Cambados víronse as caras esta fin de semana no campo de San Pedro. O duelo, cargado de goles e de polémica, acabou en vitoria para os locais.
O partido comezou de fronte para os anfitrións que se adiantaron aos dez minutos de xogo cun gol de Marcos Blanco, favorecendo ao Vilalonga ata chegar ao descanso.
A segunda parte foi totalmente distinta. Nada máis comezar, David Calo poñía o 2-0 e, tres minutos despois, o seu compañeiro Bisti volvía mover o marcador para poñer aos locais co partido practicamente sentenciado.
Aínda quedaba moito partido e o Cambados non se rendeu. No minuto 70, Batallón poñía o 3-1 que daba paso a continuos ataques á portería local. Quedaban dez minutos e chegaba un novo gol. Augusto metía ao Cambados de cheo nun encontro que parecía sentenciado.
Cos nervios a flor de pé e o 3-2 no luminoso, chegou a polémica e os visitantes quedaron cun xogador menos tras as expulsión de Agusto.
Non quedaba tempo para máis e o árbitro volvía ser protagonista para expulsar ao adestrador do Cambados.
Con esta vitoria, o Vilalonga segue en segunda posición a un punto do líder, o Atios. Pola súa banda, o Cambados segue no posto 11 empatado a 21 puntos co Sanxenxo.
Consulta a acta do Vilalonga-Juventud Cambados na seguinte ligazón.
O Beluso viaxou esta fin de semana ao Lourambal para enfrontarse ao Porriño, sétimo clasificado.
Migui foi o enargado de abrir a lata a favor dos locais no minuto 6 cun disparo que batía a portería do Beluso. Cando se chegaba ao ecuador da primeira metade, o xogador do Porriño, Enrique Veras, poñía o 2-0 no marcador cun gol que daba a tranquilidade ao seu equipo.
Parecía que se chegaría así ao descanso pero, cando o colexiado estaba a piques de pitar, Manu Reiriz metía ao Beluso no partido.
Tras o intermedio, o partido estivo igualado e non houbo goles ata o minuto 89 cando Carlos Campo marcaba o terceiro gol para o Porriño e con el sentenciar o encontro.
Consulta a acta do Porriño-Beluso na seguinte ligazón.
O Portonovo volve perder, esta vez pola mínima en Baltar ante o Mondariz.
Diego Estévez foi o autor do único gol do encontro. Aos 15 minutos mandou o balón á rede defendida por Pablo González para dar a vitoria ao Mondariz.
Consulta a acta do Portonovo-Mondariz na seguinte ligazón.
Empate sen goles no derbi celebrado na Illa entre o Céltiga e o Sanxenxo que se saldou con dous xogadores visitantes expulsados.
No minuto 13 chegaba a primeira expulsión do partido. O colexiado expulsaba con vermella directa a César Fontán e deixaba ao Sanxenxo cun xogador menos para o que restaba de partido. A pesar diso, o Céltiga non foi capaz de aproveitar a vantaxe numérica.
Co partido case concluído, o conxunto visitante quedaba con 9 despois de que o árbitro expulsase, de novo con vermella directa, a Dani Otero.
Con este resultado, o Céltiga escala á quinta posición e o Sanxenxo mantense na décima empatado a puntos co Cambados.
Consulta a acta do Céltiga- Xuventude Sanxenxo na seguinte ligazón.
O Ribadumia recibiu esta fin de semana ao Valladares nun partido que acabou con vitoria pola mínima para os locais.
Despois dunha primeira parte sen goles, o único gol do encontro marcouno Hugo Soto no minuto 61 para o Ribadumia, que suma a súa terceira vitoria consecutiva e colócase no o terceiro posto da clasificación.
Consulta a acta do Ribadumia-Valladares na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B salva un punto nos últimos minutos ante o Arnoia (2-2)
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para un Pontevedra B que se impón o Beluso a domicilio (1-2)
Por Redacción |
-
Empates pola mínima entre Pontevedra B e Porriño (1-1), e no derbi entre Cambados e Portonovo (1-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B deixa os 3 puntos ante o Barbadás (0-3)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Pontevedra B salva un punto no desconto ante o Velle (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B consegue a vitoria pola mínima ante o Valladares (1-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Repartición de puntos no derbi entre Villalonga e Pontevedra B (1-1) e entre Cambados e Ribadumia (0-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B gana ao Sanxenxo (3-1) e o Vilalonga cae no derbi ante o Portonovo (3-1)
Por Redacción & Diego Torrado |