O Poio Pescamar remonta para vencer ao Leganés e seguir á espreita da cuarta praza (2-4)
Por Redacción
O Poio Pescamar visitou este sábado a pista do Leganés coa vista posta en coarse no cuarto posto da clasificación da Primeira División de fútbol sala.
O partido comezou con repartición de ocasións para ambos os equipos e claro protagonismo da porteira visitante, Silvia Aguete, que salvaba ás súas de recibir o primeiro tanto despois dun man a man ante Patri. Con todo, o Poio Pescamar tiña dificultades en mover o balón debido á alta presión do seu rival, que tardou oito minutos en marcar o primeiro gol do encontro. Elena Aragón mandou o balón á portería visitante despois do saque dunha falta na frontal da área e desviaba á rede unha defensora do Poio.
Tras o descanso, o Poio subiu a intensidade da presión a tres cuartos de cancha, e obstaculizando a circulación local, conseguindo igualar o partido cun lanzamento de Clara á escuadra madrileña. Co gol, as pupilas de Raúl Jiménez comezaron a dominar o partido.
Cando se chegaba ao ecuador da segunda metade, o Poio empezaba a gozar de ocasións máis claras, logrando o segundo gol que daba a volta ao marcador cun disparo de Clara desde os dez metros. Ante ese resultado, o Leganés optou por un xogo de cinco que aproveitaron as vermellas para ampliar a súa renda cun gol de Ana Rivera.
As locais recortaban distancias e, a dous minutos do final, quedaron cunha xogadora menos por expulsión de Patri Montilla. O Poio dispoñía dun dobre penalti que a porteira local encargouse de parar pero, ao momento, as de Pontevedra aproveitaron a superioridade numérica para establecer o definitivo 2-4 cun gol de Carol.
LEGANÉS (2): Sandra; Patri Montilla, Ampi, Elena Aragón e Saki (quinteto inicial). Tamén xogaron, Rocío, Cris, Luci e Carmen Noreña.
POIO PESCAMAR (4): Silvia; Andrea Feijoo, Mirian, Dani Sousa e Clara (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ana Rivera, Iria, Carol, Irene García e Anna Escribano.
Árbitros: Álvaro Guzón e Álvaro Otero do colexio madrileño. Amoestaron a Patri Montilla, Elena Aragón e Cris, expulsadas Patri Montilla (38’) e Elena Aragón (34’) no Leganés.
Goles: 1-0, min. 8 Elena Aragón. 1-1, min. 23 Clara. 1-2, min. 34 Clara (dez metros). 1-3, min. 35 Anna Rivera. 2-3, min. 35 Ampi. 2-4, min. 39 Cárol
Incidencias: Pavillón A Fortuna. Uns 400 espectadores.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar golea o Xaloc Alacant e colócase cuarto (5-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar avanza á segunda rolda da Copa da Raíña tras vencer a O Fisgón (1-5)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Copa da Raíña entra en escena para O Fisgón e Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Leganés mide a ambición do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Terceira vitoria consecutiva do Poio Pescamar con goleada ao Cidade das Burgas (5-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Goleada do Poio Pescamar na súa visita o Majadahonda (1-5)
Por Redacción |
-
Un gol no último suspiro dá a vitoria o Poio Pescamar ante o Móstoles (2-1)
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Derrota do Poio Pescamar ante o Ourense Envialia que continúa invicto esta tempada (2-3)
Por Diego Torrado & Redacción |