Duros rivais para Teucro e Cisne nunha xornada con dobre ración de balonmán na cidade
Por Redacción
Bonita xornada de balonmán a que lle espera este sábado 30 de novembro aos afeccionados pontevedreses, con interesantes partidos de Teucro e Cisne na División de Honra Prata de Balonmán.
No Municipal (20:30 horas) recibirá o Teucro ao Balonmán Alcobendas, quinto clasificado con 11 puntos, os mesmos que os azuis.
Os de Luís Montes, despois de catro xornadas sen gañar e de ceder un empate sobre a bucina en Zarautz, non poden permitirse máis tropezos, e menos ante os seus afeccionados. Con esa presión reciben a un cadro madrileño que chega de gañar a última xornada recuperándose de tres semanas sen facelo.
O técnico teucrista non poderá contar para a cita con Ferrán Cisneros por lesión.
En dinámica oposta chega á undécima xornada o Cisne, consolidado no liderado da categoría tras un inicio de liga espectacular (9 vitorias e unha sóla derrota).
Os de Jabato enfrontaranse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (18:00 horas) ao Antequera, equipo que chega a catro puntos de distancia na cuarta posición (12 puntos). Sen problemas de lesións, os pontevedreses tentarán prolongar polo menos unha semana máis o seu bo momento.
Será o seu segundo encontro consecutivo como locais, tras a vitoria do pasado sábado contra o Zamora.
Relacionadas:
-
O Teucro sofre pero vence ao Alcobendas (31-26)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Cisne prolonga o seu bo momento con vitoria ante o Antequera (22-20)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Preocupación no Teucro pola lesión no ombreiro de Ferrán Cisneros
Por Diego Espiño |
-
O Cisne aproveita os erros ofensivos do Zamora e segue líder (27-24)
Por Almu Dapena |
-
O Teucro tira ao lixo un punto en Zarautz (29-29)
Por Diego Espiño |