Alfredo Mejía: "Me ha sorprendido cómo la gente vive el fútbol en Pasarón"
Por Diego Espiño
Chegou coa bitola de reforzo contrastado pola súa experiencia internacional, pero coa necesidade de coller o punto de forma, e xusto cando estaba a empezar a mostrar a súa mellor versión, gol incluído contra o Marino, e o técnico pensaba en darlle a condición de titular sufriu unha microrrotura muscular que lle apartou da viaxe da última fin de semana a Eivissa.
Agora, tras recibir o OK médico, Alfredo Mejía só pensa en "poder ayudar al equipo, estar ahí con todo el grupo", sobre todo tendo en conta a lista de baixas coa que o Pontevedra afrontará o duelo do domingo ante o Langreo, coas ausencias seguras de Sana N'Diaye por sanción e de Campillo e Figueroa por lesión ademais das dúbidas de Naveira, Brian e en menor Adighibe, aínda que este mércores se mantiña a menor ritmo.
"Yo me siento bien, fue mínimo lo que me pasó, ya estoy mejor y estoy con muchas ganas de poder estar el fin de semana", asegura o centrocampista. Así, aínda que Carlos Pouso xa avanzou que é pouco amigo de que un xogador pase directamente da enfermería ao terreo de xogo, Mejía apunta polo menos á convocatoria.
O internacional hondureño, curtido en mil batallas, móstrase encantado do recibimento que tivo na cidade, na súa primeira experiencia en España. "La verdad me ha sorprendido cómo la gente vive el fútbol en Pasarón, en Pontevedra", asegura.
O que ten seguro Alfredo Mejía é que a derrota ante a Peña Deportiva "fue un accidente", polo que "estamos tranquilos", explica sobre o sentimento do plantel. Por iso pide á afección "que confíe en nosotros porque el domingo vamos a quedarnos con esos tres puntos en casa".
Relacionadas:
-
Alfredo Mejía vaise e libera unha ficha para pechar un mediocentro
Por Manu Otero |
-
Pol Bueso, cunha microrrotura de fibras, o último en sumarse a unha enfermería que non dá tregua
Por Diego Espiño |
-
Dominio sen froito do Pontevedra sobre o Langreo en Pasarón (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Pouso ve ao seu Pontevedra ben para recibir ao Langreo e confía en que haxa melloría
Por Ramiro Espiño |
-
O duelo entre Pontevedra e Ibiza de Copa do Rei solaparase en horario co 'Clásico'
Por Redacción |
-
Lesións e sancións deixan o Pontevedra xusto de efectivos
Por Diego Espiño |
-
Un erro de vulto de Pol Bueso no desconto cústalle a derrota ao Pontevedra en Santa Eulalia (1-0)
Por Diego Espiño |