O Teucro viaxa a Zarautz sen Ferrán Cisneros e o Cisne defende o seu liderado ante o Zamora
Por Redacción
Interesante xornada a que se presenta na División de Honra Prata de balonmán para os dous equipos pontevedreses en competición, que atravesan dinámicas opostas.
Con tres derrotas consecutivas chega o Teucro. Os azuis visitan este sábado (19:30 horas) a pista do Zarautz, un "equipo muy guerrero", analiza un Luís Montes para quen non poden permitirse máis tropezos porque "si esta semana perdemos podemos quedar tocados y meternos en ciertas urgencias"
O técnico non se fía da mala clasificación do conxunto vasco, décimo quinto con 3 puntos, e tira de estatísticas para sinalar a dificultade do envite, xa que a pesar dos poucos puntos, todos na súa pista, perdeu por un só gol ante equipos como o Alarcos, Brodils e Villa de Aranda.
A mala noticia na casa teucrista é a preocupante lesión de Ferrán Cisneros, que este xoves produciuse unha luxación no ombreiro no transcurso do adestramento. Polo de súpeto caeu da convocatoria, e a próxima semana realizaránselle máis probas para determinar o alcance exacto da doenza e o tempo estimado que estará de baixa.
Con Ferrán fóra, a lista do Teucro compoñerana os 12 xogadores do primeiro plantel dispoñibles máis o canteirán Cristian Remeseiro.
O CISNE RECIBE O ZAMORA NO CGTD
Nunha situación oposta chega o Cisne, consolidado no liderado da categoría despois de tres triunfos consecutivos. Os de Jabato reciben este sábado (17:30 horas) o Zamora no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
O equipo pontevedrés quere prolongar o maior tempo posible o seu bo momento vencendo a un rival que chega á cita no posto 12 da táboa con 8 puntos, coa necesidade de sumar para seguir no pelotón de equipos que pelexan por achegarse á zona de play-off.
Jabato poderá contar con todo o plantel dispoñible.
Relacionadas:
-
Preocupación no Teucro pola lesión no ombreiro de Ferrán Cisneros
Por Diego Espiño |
-
O Cisne aproveita os erros ofensivos do Zamora e segue líder (27-24)
Por Almu Dapena |
-
O Teucro tira ao lixo un punto en Zarautz (29-29)
Por Diego Espiño |
-
Un Teucro sen recursos perde dous valiosos puntos contra o Barcelona B (24-26)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Cisne estrélase contra o porteiro do Palma del Río pero volve gañar (20-22)
Por Almu Dapena |