O Pontevedra busca escenario de herba sintética para preparar o partido de Barbadás
Por Ramiro Espiño
Ponte Caldelas, Marcón e A Xunqueira poden ser os tres escenarios distintos que haberá de percorrer o Pontevedra esta semana para preparar o partido do domingo en " Os Carrís" (17,00 horas), fronte ao Barbadás. Trátase dun escenario de herba artificial, remodelado a pasada tempada, e con esta pequena peregrinación o técnico granate, Milo Abelleira, busca dous obxectivos, por un lado traballar nun campo o máis parecido posible ao que se van encontrar e por outro dar descanso ao terreo de Príncipe Felipe, para mantelo nas mellores condicións posibles de cara ao inverno que se aveciña.
Os granates xa dispoñen de autorización para adestrar en Ponte Caldelas e A Xunqueira e dirixíronse tamén aos responsables do campo de Monte Carrasco, cuxa superficie foi recentemente inaugurada despois da súa reforma, solicitando a súa utilización para unha das sesións do mércores, xoves ou venres.
Hoxe luns o equipo traballou dividido en dous grupos. Por un lado os que actuaron fronte ao Celta B fixeron só unha lixeira sesión física polos arredores de Pasarón, mentres que o resto do equipo, ademais dos membros do filial e xuvenil que veñen adestrando co primeiro equipo xogaron un partidillo na Xunqueira.
Á parte de Tubo, cun lixeiro catarro, os demais están en perfectas condicións, incluído Moisés Pereiro, practicamente recuperado da súa afección gripal. A excepción constitúea Sestelo, que xa non puido xogar o domingo. O central púxose en mans do médico, Alberto Domínguez, quen o someteu a unha exploración radiolóxica e lle recomendou entre unha e dous semanas de descanso, polo que está practicamente descartado para o partido fronte ao Barbadás.
Mañá, martes, será día de descanso e os granates volverán ao traballo o mércores nun dos tres escenarios citados.
Cesado o adestrador da SD Compostela
Anxo Casalderrey primer técnico en caer esta temporada en Tercera división
Pouco tardou en caer o primeiro adestrador da tempada. A quenda foi para Anxo Casalderrey, técnico da SD Compostela, un conxunto recén ascendido pero confeccionado para pelexar polos postos de play off e que ocupa a décimo terceira posición con tan só once puntos e unha paupérrima bagaxe como visitante, xa que só logrou un punto en cinco partidos a domicilio.
O director deportivo da entidade compostelá, Julio Prol (ex-xogador do Pontevedra), apuntaba onte ao confirmar na propia web da SD Compostela que: "Necesitamos un cambio na dinámica do equipo se queremos alcanzar os obxectivos". O cesamento prodúcese a pesar de que foi precisamente Anxo Casalderrey quen conseguiu o ascenso a terceira a pasada tempada.
Aínda sen decidir quen tomará o relevo no banco compostelán, momentaneamente faise cargo da preparación do equipo o segundo adestrador, Ibán López.