O Peixe Galego valora a opción de reforzarse para optar á permanencia na LEB Ouro
Por Diego Espiño
Co paso das xornadas o Peixe Galego experimentou unha melloría no seu xogo que lle permite dentro das súas carencias plantar cara a rivais moi superiores sobre o papel, como sucedeu na última xornada ante o potente Mallorca na Raña, a pesar da derrota.
Con todo o esforzo dun plantel escaso en efectivos non está a resultar suficiente para pensar en loitar con garantías pola permanencia na segunda categoría do baloncesto nacional, sobre todo cando existe algún problema en forma de lesión como pasou con Álex Mazairas.
Por ese motivo a directiva marinense busca a maneira de realizar un sobresforzo e estes días sonda as posibilidades que lles ofrece o mercado.
A idea pasa por incorporar a un home interior, ante o pobre rendemento que deu o dominicano Diago Quinn no posto de pívot, chegando a non participar xa nos dous últimos partidos e certificando a súa saída do clube.
Na mente da entidade 'peixe' está o mellorar a rotación para competir con maiores garantías, tendo en conta que pese ao complicado inicio de competición que lles deixou de pechacancelas da liga (balance 1-8), os de Javi Llorente están a só un triunfo da zona de permanencia.
JACOBO DÍAZ, NO QUINTETO IDEAL DA XORNADA
A melloría nas prestacións do Peixe Galego reflíctense tamén nas estatísticas individuais dos seus xogadores. Se hai unhas semanas foi Taiwo Badmus o que foi elixido como xogador máis valioso da xornada, agora foi Jacobo Díaz o que foi incluído no quinteto ideal da xornada.
O ala-pívot asinou ante o Mallorca 23 puntos e 7 rebotes para un total de 27 de valoración, que con todo non serviron ao seu equipo para lograr a vitoria #ante un dos favoritos ao ascenso á Liga ACB.
Relacionadas:
-
Saunders, inesperada baixa por lesión no Peixe Galego na súa visita ao Breogán
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego 'corta' o irlandés John Carroll
Por Diego Espiño |
-
"É unha boa oportunidade para o club e para min", asegura Filip Tončinić no seu primeiro día como xogador 'peixe'
Por Diego Espiño |
-
O pívot croata Filip Tončinić, novo xogador do Peixe Galego
Por Diego Espiño |
-
O desgaste físico condena o Peixe Galego fronte o Mallorca (77-90)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Derrota en Melilla dun Peixe Galego xusto de forzas (78-67)
Por Redacción |
-
Taiwo Badmus, xogador máis valorado da sétima xornada na Liga LEB Ouro
Por Redacción |