Medio milleiro de persoas correron na sexta Milla Urbana Anedia
Por Diego Torrado
Anedia Galicia, a asociación de nenos, nenas e xente nova con diabetes, organizou este sábado con éxito a sexta edición da Milla Urbana Solidaria que disputaron medio milleiro de persoas.
Contou cun percorrido de 1.609 metros e disputouse desde as 16:30 horas empezando pola categoría sub-10 para despois contar con probas en idade sub-12, 14 e 16, carreiras para os máis pequenos, unha proba popular e por último a competición elite (18:30 horas) tanto feminina como masculina, ademais dunha breve camiñada de sensibilización aberta á participación de todo o mundo.
Estes son os resultados das probas.
O obxectivo foi visibilizar a diabetes, especialmente entre os menores de idade, e fomentar prácticas de vida saudable a través do deporte.
Nesta ocasión, entre as habituais reivindicacións de Anedia para facer fronte á diabetes como ampliar as consultas médicas ou o persoal formado, quérese poñer o foco especialmente en reclamar para nenos e adultos un apoio psicolóxico.
Relacionadas:
-
Luz azul na Casa Consistorial e na Deputación para conmemorar o Día Mundial da Diabetes
Por Redacción |
-
A VII Milla Solidaria Anedia, limitada a 160 participantes e retransmitida vía streaming
Por Redacción |
-
Pontevedra, única parada en Galicia da 'Volta a España pola Diabetes'
Por Redacción |
-
Unha xornada deportiva para facer visible a diabetes coa sexta Milla Urbana Anedia
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra conmemora o Día Mundial da Diabetes cunha chea de actividades
Por Redacción |