"Es importante que no se escapen más puntos del Municipal", asegura Luis Montes ante a visita do Barcelona B
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro busca recobrar o pulso á competición na División de Honra Prata. Os azuis, que pasaron do liderado á quinta posición despois de dúas derrotas consecutivas, reciben este sábado (20:30 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes ao sempre perigoso Barcelona B.
A pesar de non ser o mellor ano do filial azulgrana, noveno con 8 puntos, a calidade dos seus xóvenes xogadores supón sempre un perigo.
"Es el equipo más distinto de la categoría", asegura Luís Montes ante un estilo de xogo que "nos gusta" cun "balonmano muy vivo" que tamén tentan poñer en práctica os pontevedreses.
Polo Municipal pasará o equipo con maior media goleadora por partido (29 goles), por iso o técnico teucrista pon a clave en "dar un paso al frente en el rigor defensivo", unha melloría xa experimentada en Antequera a pesar da derrota (21 goles encaixados) porque "necesitamos que ellos no estén en esa media", recoñece Montes.
Nunha competición tan igualada como o é actualmente a División de Honra Prata, cos 10 primeiros clasificados en só 4 puntos de distancia, o Teucro quere empezar a facerse forte na casa, onde xa voaron 4 puntos nas derrotas contra Villa de Aranda e Cisne. "Es importante que no se nos escapen más puntos del Municipal", incide o preparador.
Os azuis afrontan o partido con todos os xogadores do primeiro plantel dispoñibles.
Relacionadas:
-
Un Teucro sen recursos perde dous valiosos puntos contra o Barcelona B (24-26)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Teucro abona unha multa por atrasarse no pagamento de dúas arbitraxes
Por Diego Espiño |
-
O Teucro non remonta e cae derrotado ante o Antequera cun gol sobre a bucina (21-20)
Por Almu Dapena |