Desde Cernadiñas ao podio nacional de tiro ao prato
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ofreceu este mércores unha recepción oficial aos deportistas do Club Río Lérez, subcampións nacionais por equipos de tiro ao prato.
John Henderson Rivas, Fernando Dopazo e Adán Güimil son en concreto, ademais de subcampións de España por autonomías, campións galegos na modalidade de foso olímpico.
Os tres tiradores adestran habitualmente nas instalacións de Cernadiñas Novas, cando llo permiten as súas respectivas ocupacións laborais.
O Club Río Lérez de tiro conta na actualidade con 48 socios dos cales ao redor de 15 participan regularmente en competicións federadas.