O Teucro abona unha multa por atrasarse no pagamento de dúas arbitraxes
Por Diego Espiño
O atraso no pago de arbitraxes puxo nun aperto á Sociedad Deportiva Teucro, que foi sancionada pola Real Federación Española de Balonmán.
Así se recolle na última resolución do Comité de Competición, no que se sanciona ao club pontevedrés con 484 euros de multa por non abonar as cantidades correspondentes aos colexiados de tres dos seus partidos antes das 48 horas de prazo (días hábiles) establecidas no regulamento.
Esta decisión caeu de forma inesperada sobre a entidade teucrista. "Para nuestra sorpresa se nos sancionó", recoñeceu a PontevedraViva o presidente en funcións, Carlos García-Alén, sen que existise advertencia previa e por cantidades máis grandes das que correspondían, explica.
Así, na resolución o Comité de Competición reclama ao Teucro 2.904 euros correspondentes a dous partidos da División de Honra Prata, ante Sarrià e o derbi contra o Cisne (920 euros cada un), e o duelo do filial de Primeira Nacional contra o Lanzarote (580 euros), máis a citada sanción (20% da cantidade reclamada). Con todo "un arbitraje estaba pagado ya", sinalou García-Alén en relación o choquedo Sarrià.
Recoñecida esta situación, a débeda quedou finalmente en 1.984 euros a pagar nun prazo máximo de tres días hábiles que concluía este luns, aínda que a Federación Española tiña previsto descontar de aquí o diñeiro que debía pagar ao Teucro como compensación pola participación do seu xogador Guillermo Fischer no último Mundial.
Cumprido co trámite a entidade pontevedresa evita problemas maiores, que poderían terminar na suspensión do seu próximo partido como local (Teucro-Barcelona B) e a perda do mesmo por 0-10.
Relacionadas:
-
O Teucro tira ao lixo un punto en Zarautz (29-29)
Por Diego Espiño |
-
"Es importante que no se escapen más puntos del Municipal", asegura Luis Montes ante a visita do Barcelona B
Por Diego Espiño |
-
O Teucro non remonta e cae derrotado ante o Antequera cun gol sobre a bucina (21-20)
Por Almu Dapena |
-
Un Cisne moi superior volve gañar o derbi do Lérez ante o Teucro (26-33)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
A débeda do Teucro coa Federación xa está saldada
Por Sofía Lorenzo |
-
Competición ameaza o Teucro coa prohibición de inscribir ao equipo por unha débeda de 11.528 euros
Por Diego Espiño |