Pouso está "gratamente sorprendido" co plantel e avanza que "no habrá muchos cambios" en Las Rozas
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol empeza a coñecer de primeira man a marcada personalidade do seu novo adestrador Carlos Pouso, que o domingo (12:00 horas) debutará no cargo no campo de Las Rozas.
"Me da la impresión de que la acogida ha sido buena", sinala o técnico case completada a súa primeira semana de adestramentos cun plantel que lle deixou "gratamente sorprendido".
Quizais por iso "no va a haber demasiados cambios" en Madrid, revela, "porque entiendo que de repente venir con un torrente de ideas, soltar un camión de chapa y que sea digerible no es positivo".
Carlos Pouso: "Prefiero ganar 5-0 pero si puedo repartir los goles en 5 partidos y ganar 15 puntos dame un papel y dime dónde hay que firmar. Yo no sé si eso es ser amarrategui, pero es ser más sincero que la hostia"
Pouso non quere de ningunha maneira oír falar de aspectos como o xogar en céspede artificial, a posibilidade de vento a de reducidas dimensións do terreo de xogo, xa que "desde que se inventaron las disculpas desaparecieron los errores, y si el campo está mal va a estar para los dos. ¿Qué quieres, que nos abran el Bernabeu? Somos el Pontevedra y tenemos que jugar en Navalcarbón y adaptarse a las circunstancias", defende o preparador vasco.
Un dos aspectos para mellorar na nova etapa que agora comeza no cadro granate é reducir a cifra de goles encaixados (20 en 11 partidos), pero Carlos Pouso rexeita a etiqueta de conservador: "Prefiero ganar 5-0 pero si puedo repartir los goles en 5 partidos y ganar 15 puntos dame un papel y dime dónde hay que firmar. Yo no sé si eso es ser amarrategui, pero es ser más sincero que la hostia", sentenciou ante os medios de comunicación.
Na súa comparecencia quixo ademais encomiar a tempada do seu próximo rival, Las Rozas, un equipo que "hace muchas cosas bien", asegura tal e como reflicten os seus 7 goles encaixados ata a data. "Me importa un pepino que sea un recién ascendido, es un equipo de 2ªB como nosotros. Que ellos no tienen la historia del Pontevedra del Hai que roelo pero el domingo como no estemos puestos nos roen ellos a nosotros. Su actualidad me dice que es un señor equipo de 2ªB a día de hoy", mantén sobre os madrileños.
Na súa análise destaca o traballo defensivo e tamén que "es muy vertical, muy profundo, maneja muy bien los tiempos de partido y el balón parado y tiene una capacidad para llegar en oleadas al ataque impresionante". Aspectos para non descoidarse e saír concentrados desde o minuto 1 de xogo.
SEN ACORDO CON RAÚL GARCÍA, JESÚS RAMOS EXERCERÁ DE SEGUNDO ADESTRADOR
Unha das novidades das últimas horas foi o adeus de Raúl García sen chegarse a vestir de curto. O que viña como axudante de Carlos Pouso e que mantivo unha estreita colaboración con el nos seus últimos proxectos, non chegou a un acordo co club granate.
"No es un tema económico", limitouse a sinalar Pouso, senón "problemas personales" os que provocaron que separen os seus camiños momentaneamente "a pesar de la buena voluntad de ambas partes" na negociación.
García estivera presente xunto ao técnico nas bancadas do Estadio Municipal de Pasarón durante o partido contra o Melilla e tamén presenciou en directo o primeiro adestramento da semana, no campo da Xunqueira.
Chegados a este punto Jesús Ramos asumirá o labor de segundo adestrador.
Relacionadas:
-
O Pontevedra espanta vellas pantasmas
Por Diego Espiño |
-
Remontada, oficio e Álvaro Bustos, claves do triunfo do Pontevedra en Las Rozas (1-3)
Por Redacción |
-
A nova etapa do Pontevedra iníciase no Polideportivo de Navalcarbón
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra esgota o prazo para fichar tras a lesión de Javi López
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra de Pouso "quiere transiciones rápidas", asegura Álex González
Por Diego Espiño |
-
Las Rozas, praza inédita para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Primeira toma de contacto de Carlos Pouso co plantel
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Carlos Pouso comprométese co Pontevedra ata final de tempada esperando "no defraudar"
Por Diego Espiño |