O Pontevedra de Pouso "quiere transiciones rápidas", asegura Álex González
Por Diego Espiño
Levan só dúas sesións ás súas ordes, pero os xogadores do Pontevedra empezan a saber o que espera deles o seu novo adestrador, Carlos Pouso.
"Quiere transiciones rápidas y estamos trabajando un poco en función de eso", recoñeceu este mércores Álex González á conclusión do adestramento celebrado no campo de fútbol de Cerponzóns.
O futbolista cántabro cualifica ao técnico de "cercano", aínda que defende que "es una semana un poco de adaptación. Estamos estamos adaptándonos a la metodología que tiene, que varía un poco".
González cre que "la gente está trabajando muy bien, con mucha intensidad y creo que estamos en el camino", pero tampouco dunha maneira tan diferente á de antes, con Luismi, porque "al final la exigencia es la misma, va con los jugadores".
A nivel particular, a pesar de iniciar a tempada como extremo e terse asentado nas últimas semanas no posto de lateral zurdo polas circunstancias, Álex asegura que "tanto antes como ahora estoy a disposición del míster, si decide que tenga que jugar en un lado estaré en ese lado y si es en otro pues en otro".
En canto ao próximo rival, Las Rozas, ao que visitarán na matinal do domingo, un dos homes veteranos do plantel pon como clave para conseguir algo positivo non encaixar "porque dar la vuelta en un campo así es complicado", sobre todo tendo en conta que o cadro madrileño só recibiu 7 goles en contra no que vai de liga.
Relacionadas:
-
Remontada, oficio e Álvaro Bustos, claves do triunfo do Pontevedra en Las Rozas (1-3)
Por Redacción |
-
Pouso está "gratamente sorprendido" co plantel e avanza que "no habrá muchos cambios" en Las Rozas
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra esgota o prazo para fichar tras a lesión de Javi López
Por Diego Espiño |
-
Las Rozas, praza inédita para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Primeira toma de contacto de Carlos Pouso co plantel
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Carlos Pouso comprométese co Pontevedra ata final de tempada esperando "no defraudar"
Por Diego Espiño |
-
Así, si. O Pontevedra reivindícase cun gran triunfo sobre o Melilla (3-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |