Catro nadadores defenderán o Natación Galaico no Campionato de España de Inverno
Por Redacción
Aproxímase a primeira gran competición da tempada na natación española, e o Galaico quenta motores para ela.
Xixón acollerá entre os días 14 e 17 de novembro o Campionato de España de Inverno, cita para a que están clasificados catro nadadores do club pontevedrés.
No Nacional de piscina curta estarán Bea Gómez Cortés, María Vilas, Carla Goyanes e Daniel Sánchez co obxectivo nalgúns casos de pelexar polas medallas nas súas respectivas probas.
Bea Gómez e María Vilas, as deportistas con categoría olímpica do Galaico, serán as que afronten un calendario máis esixente. Así a primeira nadará os 100, 200 e 400 metros estilos e os 200 e 800 libre, mentres que Vilas competirá nos 200 e 400 estilos e os 200, 400 e 800 libre.
Pola súa banda Carla Goyanes está inscrita nos 200 e 400 estilos, os 400 libre e a 200 bolboreta, pechando o equipo Daniel Sánchez nas probas de 50 e 100 costas e os 100 estilos.
Relacionadas:
-
María Vilas e Bea Gómez, ouro e prata en 800 libres do Nacional de Inverno
Por Redacción |
-
María Vilas e Bea Gómez, dobre medalla (prata e bronce) nos 400 estilos do Nacional de Inverno
Por Diego Espiño |
-
O Galaico roza as medallas con María Vilas na primeira xornada do Nacional de Piscina Curta
Por Redacción |
-
O Natación Galaico contará con 320 nadadores para a nova tempada
Por Redacción & Diego Torrado |
-
María Vilas e Bea Gómez son subcampionas de España
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Alicia Bouzas pecha o Nacional Infantil de natación coa súa segunda medalla, no 800 libre
Por Redacción |
-
O Campionato Galego Absoluto de natación queda na casa
Por Redacción |