Confirman a Antía Pérez que rompeu o ligamento cruzado: "Es un palo muy grande, peor que el año pasado"
Por Diego Espiño
Malas novas para o Poio Pescamar, que perde para o que resta de tempada a Antía Pérez ao confirmarse que sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito.
A futbolista vermella someteuse as últimas semanas a varias probas ao non contar cun diagnóistico claro, pero finalmente confirmáronse os peores presaxios cunha doenza que lle manterá afastada das canchas de xogo entre 6 e 8 meses e que é idéntica á que xa superou a pasada campaña na súa outra perna.
"Cuando algunos médicos habían descartado casi el cruzado te queda la esperanza de que al final no sea, y que al final sí es un palo muy grande, peor que el año pasado me está sentando", explicou a xogadora ourensana a PontevedraViva.
Antía asegura que no inicio de liga "me notaba bien, estaba bien de la lesión del año pasado, me notaba con confianza y le debía también algo al club después del año pasado", sinalou, polo que esta situación supuxo un duro golpe.
Agora só queda esperar por unha operación que se producirá "el martes que viene o el 19", confirmou a propia futbolista, que a pesar de todo non perde o seu optimism recoñecendo que "ya tengo el calendario comprado y espero que me operen ya cuanto antes para descontar los días".
Polo momento o Poio Pescamar non se plantexa acudir ao mercado de fichaxes para cubrir a súa ausencia.
Relacionadas:
-
Antía Pérez empeza a conta atrás na súa recuperación tras ser operada con éxito da súa lesión de xeonllo
Por Redacción |
-
Majadahonda espera a un Poio Pescamar á alza
Por Redacción |
-
Un gol no último suspiro dá a vitoria o Poio Pescamar ante o Móstoles (2-1)
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Prohibido fallar para o Poio Pescamar no seu segundo partido consecutivo na casa
Por Redacción |
-
Derrota do Poio Pescamar ante o Ourense Envialia que continúa invicto esta tempada (2-3)
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Carol Agulla e Antía Pérez renovan por dúas tempadas co Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Antía Pérez recibe a alta médica seis meses despois da súa lesión nos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción |
-
Antía Pérez, futbolista do Poio Pescamar, operada con éxito da súa lesión no xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Un bronce moi caro. O Poio Pescamar perde a Antía que sofre rotura do cruzado do xeonllo esquerdo
Por Redacción |