Carlos Pouso comprométese co Pontevedra ata final de tempada esperando "no defraudar"
Por Diego Espiño
Agora si. Carlos Pouso converteuse oficialmente en adestrador do Pontevedra Club de Fútbol. Tras pecharse o acordo entre o técnico e o club granate a finais de semana, a sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón foi escenario da súa presentación en sociedade.
O experimentado preparador vasco, con orixes galegas por vía paterna, chega acompañado do seu axudante Raúl García e asume as rendas do equipo só ata final de tempada. "Yo soy de ir año a año. La relación se tiene que basar en la confianza", explicou acompañado da presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo.
As negociacións para incorporalo, recoñeceron, comezaron cunha chamada o venres 25 de outubro, pero non cristalizaron ata unha semana máis tarde.
"Soyun tipo normal", explicou Pouso, que prometeu ganas e traballo para "no defraudar" o club e á afección. "Pondré todo lo que tenga para llevar al Pontevedra donde considero que por esfuerzo de esta gente, por trayectoria, por afición merece estar".
A pesar de mostrarse ambicioso, o que non quixo o ex-adestrador de Mirandés, Logroñés ou Rácing de Santander é nomear as palabras play-off ou ascenso. "Yo no quiero nombrar esa palabra porque me da yuyu", recoñeceu tras sinalar que "no me lo he pensado mucho" cando xurdiu a posibilidade de adestrar en Galicia, algo que consideraba un asunto pendente.
Carlos Pouso puido seguir en directo as evolucións do seu novo equipo ante o Melilla, desde a bancada de Preferencia, e a verdade é que gustoulle o que viu dos seus pupilos. "Para mí fue un muy buen partido por parte del Pontevedra, fue superior al rival con unas características de juego que a mí me llenan mucho, un equipo que aprieta, que quiere, que desboca el partido, que quiere llegar en transiciones rápidas", relatou o preparador sobre o visto no terreo de xogo.
Carlos Pouso, sobre o obxectivo do ascenso: "Yo no quiero nombrar esa palabra porque me da yuyu"
En canto á categoría, Pouso cre que "la 2ªB es una categoría de especialistas, esto no es Primera o Segunda con todos los campos inmaculados e iguales que no incicde, en 2ªB incide el campo de hierba artificial, el viento en muchos sitios. Hay que adaptarse a determinadas circunstancias". Ademais nun grupo como o desta campaña "para ganar el primero al último hay que sudar tinta de chipirón", sinalou en relación á igualdade que se está vivindo xornada tras xornada.
Agora só queda poñerse a traballar, algo que como "buen obrero que soy", segundo definiuse, fará este martes tras un cambio na planificación do equipo que finalmente descansou esta xornada de luns. Todo iso mirando tamén cara á canteira, que "es un tema para mí sagrado", afirmou, e deixando unha petición, "que rememos todos en la misma dirección".
LUPE MURILLO AGRADECE O TRABALLO DE JESÚS RAMOS
Xunto a Pouso compareceu ante os medios de comunicación a presidenta do Pontevedra Lupe Murillo, que o definiu como un home que "creo que sabe de fútbol y que creo que tiene que hacer un buen trabajo con lo que tenemos aquí, que es una buena plantilla", mantivo.
A dirixente granate dirixiu unhas palabras ao "trabajo fantástico de Jesús Ramos" mentres estivo á fronte do primeiro equipo, con 6 puntos de 6 posibles en liga. "Los resultados están encima de la mesa", sinalou para agradecer a dedicación do técnico da casa.
Relacionadas:
-
Fin de ciclo no Pontevedra nun ano de ascenso para o Peixe Galego e de descenso do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Remontada, oficio e Álvaro Bustos, claves do triunfo do Pontevedra en Las Rozas (1-3)
Por Redacción |
-
A nova etapa do Pontevedra iníciase no Polideportivo de Navalcarbón
Por Diego Espiño |
-
Pouso está "gratamente sorprendido" co plantel e avanza que "no habrá muchos cambios" en Las Rozas
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra esgota o prazo para fichar tras a lesión de Javi López
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra de Pouso "quiere transiciones rápidas", asegura Álex González
Por Diego Espiño |
-
Las Rozas, praza inédita para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Primeira toma de contacto de Carlos Pouso co plantel
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Así, si. O Pontevedra reivindícase cun gran triunfo sobre o Melilla (3-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Carlos Pouso toma nota do 'seu' Pontevedra na bancada de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Carlos Pouso, pechado á espera do anuncio oficial
Por Diego Espiño |