Pablo Dapena acaba segundo no Ironman 70.3 de Buenos Aires e consegue o Slot para o Mundial de 2020
Por Redacción
Pablo Dapena viaxou a Buenos Aires para participar no Ironman 70.3 para pechar a fin de tempada, que terminará en Ciudad do Cabo no Challenge Cape Town o próximo 10 de novembro.
A proba comezou ás 11 da mañá (hora española), cos 1.900 metros de natación, onde o primeiro en saír da auga foi o chileno Martín Ulloa, seguido por un grupo de 8 encabezado por Dapena, o arxentino Flavio Morandini, o estadounidense Rodolphe von Berg e o brasileiro Igor Amorelli.
Este último foi o que impuxo o ritmo no tramo ciclista, marchándose en solitario para lograr unha máxima vantaxe de 42 segundos sobre o galego e o norteamericano, que conseguiron alcanzalo no quilómetro 70 do segmento, chegando xuntos á T2.
Na carreira a pé ambos se puxeron por diante, e no paso polo quilómetro 7, Dapena sacáballe 28 segundos a Von Berg. Foi o americano o que deu a volta á situación na segunda parte da proba, adiantando ao pontevedrés sobre o quilómetro 13 do segmento para marcharse en solitario e conseguir a vitoria nun tempo de 3:37:36. Pola súa banda, Pablo foi segundo (3:38:44) e Igor Amorelli terceiro (3:43:28).
Con este posto, Pablo Dapena consegue a clasificación para o Campionato do Mundo Ironman 70.3 que se celebrará en Nova Zelandia en 2020, e únese aos xa españois clasificados Javi Gómez Noya e Anna Noguera.
Relacionadas:
-
Lanzarote, escenario dos primeiros quilómetros de pretempada de Pablo Dapena
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena despide a tempada cun segundo posto no Challenge Daytona
Por Redacción |
-
O circuíto de Daytona, escenario de película para a despedida de tempada de Pablo Dapena
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena gaña en Cidade do Cabo a pesar dos problemas no traslado da súa bicicleta
Por Almu Dapena |
-
Sen tarxeta de crédito nin certificado de vacinas. A odisea de Pablo Dapena para viaxar de Bos Aires a Cidade do Cabo
Por Diego Espiño |
-
Bos Aires, parada de Pablo Dapena na busca da clasificación para o Mundial Ironman 70.3 de 2020
Por Diego Espiño |
-
Unha caída no tramo ciclista deixa a Pablo Dapena sen podio no Challenge Peguera
Por Almu Dapena |
-
Gómez Noya queda fóra do podio do Mundial 70.3 de Niza e Dapena remata décimo quinto
Por Redacción |
-
Dapena, ouro no Galego de distancia sprint de Pontevedra e bronce para Saleta Castro
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |