Tres importantes puntos en xogo entre Pontevedra e Melilla para pechar a era pre-Pouso
Por Diego Espiño
O Estadio Municipal de Pasarón será escenario este domingo en horario matinal (12:00 horas) dun duelo de certas urxencias entre dous equipos como o Pontevedra e a UD Melilla que iniciaron o campionato de forma irregular e afastados do seu obxectivo de play-off.
Será o segundo encontro, e último polo momento, de Jesús Ramos como adestrador do equipo tras a destitución de Luismi. Coa chegada de Carlos Pouso xa pechada, o coordinador da base granate quere despedirse cun 6 de 6, logrando a súa segunda vitoria noutros tantos partidos que axude a aliviar a situación clasificatoria e afastarse dun descenso que está a só un punto.
Pouso non asumirá o mando ata o vindeiro luns, pero estará moi pendente do que fagan os seus futuros pupilos e tomará boa nota diso.
A principal incógnita durante a semana a nivel deportivo centrouse nunha enfermería chea de efectivos. Con Berrocal descartado, Adighibe foi o futbolista que mellor evolucionou chegando xa o venres para adestrar co resto do grupo, mentres que Nacho López e Pol Bueso traballaron con molestias durante toda a semana. O primeiro deles de feito quedou fóra da lista.
Coa liña defensiva baixo mínimos por estas lesións, a boa noticia é o regreso á convocatoria de Campillo.
Outro punto para ter en conta será o estado do céspede de Pasarón tras as intensas choivas dos últimos días, un aspecto que pode condicionar o duelo ante un equipo como o Melilla "que está acostumbrado a jugar en otro grupo, en otros campos y otra climatología. Nosotros tenemos que aprovechar estas cosas también, que juegue a nuestro favor", sinalou na previa Jesús Ramos.
Tamén Víctor Cea, adestrador do cadro da cidade autónoma cre que esta situación "es un hándicap que no servirá como excusa, aunque condicionará evidentemente".
En canto ao rival, que chega á cita sen baixas médicas, será a segunda vez na historia que visite Pontevedra, tras a tempada 2005/2006. Faino situado na décima posición da táboa con 13 puntos, un máis que os granates, a pesar de ser un plantel pensado para pelexar por un ascenso que se lles escapou a pasada campaña no play-off. "Es un equipo que ofensivamente tiene mucho potencial, que le gusta combinar bastante desde atrás y que a la contra con los cuatro de arriba son complicados. Vamos a tener que estar muy atentos en vigilancias y repliegues porque te pueden hacer daño", analizou o técnico interino do Pontevedra.
O colexiado do encontro será o castelán-leonés Eder Mallo Fernández.
Relacionadas:
-
Así, si. O Pontevedra reivindícase cun gran triunfo sobre o Melilla (3-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Carlos Pouso toma nota do 'seu' Pontevedra na bancada de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Carlos Pouso, pechado á espera do anuncio oficial
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e Melilla cruzan os seus camiños 13 anos despois
Por Diego Espiño |
-
Praga de lesións musculares no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Acordo antes do mércores co novo adestrador ou prórroga a Jesús
Por Diego Espiño |
-
Goles canteiráns para unha remontada agónica do Pontevedra ao Celta B (1-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |