O Arxil plántalle cara o Estudiantes pero non consegue a vitoria (63-68)
Por Redacción & Diego Torrado
Moi preto estivo o Arxil de vencer ao Estudiantes no partido disputado esta fin de semana no CGTD de Pontevedra. A pesar de que tiñan que afrontar o partido sen Natalia López por un problema no xeonllo, as de verde plantaron cara ao seu rival pero de nada serviu xa que finalmente a vitoria levárona as de Madrid por 63-68.
O conxunto adestrado por Mayte Méndez saíu como viña facendo nos últimos partidos, fortes en defensa para dominar no marcador. Desta maneira, durante os primeiros compases do encontro conseguiron un parcial de 10-0 que o Estudiantes remontou para finalizar o primeiro parcial cun resultado de 20-21.
No segundo cuarto, as de Pontevedra mantiveron a mesma intensidade que o seu rival e, sen baixar os brazos, conseguiron a renda ao seu favor para chegar ao descanso cunha vantaxe de 1 punto, 26-25.
Despois do paso polo vestiario, o partido continuou igualado durante o primeiros cinco minutos do terceiro cuarto, pero o Estudiantes aos poucos conseguía distanciarse ata os 14 puntos chegando ao final do terceiro cuarto (35-49).
Co partido practicamente decantado a favor das visitantes, os nervios xogaron unha mala pasada e o Arxil foi capaz de reducir a distancia ata quedar a 6 puntos e con aínda dous minutos por diante.
A pesar de que as de verde tentárono ata o último momento, finalmente escapóuselles a vitoria e o resultado definitivo foi de 63-68.
Relacionadas:
-
Un mal segundo cuarto deixa sen opcións o Arxil fronte ao GDKO Ibaizábal (51-71)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Derrota do Arxil ante o recén ascendido Barakaldo (76-71)
Por Redacción |
-
O Arxil vence o Añares Rioja e logra a súa terceira vitoria esta tempada (72-70)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O bo rendemento do Arxil no último cuarto non foi suficiente para gañar ao Aros (60-58)
Por Almu Dapena |
-
Natalia López di adeus á tempada co Arxil ao romper o ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Un tiro libre de María Lago salva os mobles ao Arxil en Avilés (50-51)
Por Redacción |
-
Tres fichaxes e un novo patrocinador para dar un salto de calidade no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil consegue o seu primeiro triunfo nun traballado partido en Pozuelo (38-54)
Por Redacción |