O Teucro imponse ao Palma del Río e colócase líder en solitario (25-29)
Por Almu Dapena
O Teucro desprazouse esta fin de semana a Córdoba para enfrontarse ao pechacancelas da liga, o Palma del Río, ao que conseguiu derrotar para lograr a súa quinta vitoria consecutiva esta tempada.
O partido comezou cos locais poñéndose por diante no marcador e co Teucro fallando numerosos lanzamentos. O conxunto visitante foi capaz de reaccionar e conseguiu adiantarse cun tanto de Poveda (4-5), e a partir de aí, ambos os equipos mantiveron a igualada durante os seguintes 5 minutos (7-7).
A partir deste intre, o Teucro conseguiu dominar tanto en ataque como en defensa e logrou poñerse cunha diferenza de 5 tantos (8-13) que os locais puideron recortar nun gol antes de chegar ao descanso (11-15).
Despois do paso polo vestiario, os de Luís Montes cometeron varios erros en ataque que o Palma del Río soubo aproveitar para igualar o encontro (16-16). Co partido empatado, ao Teucro non quedaba outro remedio que reaccionar se quería poñerse líder en solitario e, cos tantos de Andrés Torres e de Perovic, volveron distanciarse cando se cumprían os 10 minutos da segunda metade (16-18).
Os de Pontevedra volveron dominar e a aproveitar a vantaxe de dúas tantos. Foi nese momento cando Iván Rodríguez cobrou protagonismo e encaixou dous lanzamentos que supuxeron unha vantaxe de catro goles a falta de 6 minutos para que soase a bucina (22-26).
Finalmente, o Palma del Río foi capaz de reducir distancias en dúas tantos, pero os goles de Dimitri e de novo, de Iván Rodríguez (5 goles), puxeron a diferenza de catro goles no resultado final.
Con esta vitoria por 25-29, o Teucro colócase líder en solitario con 10 puntos.
Consulta a acta do partido entre Palma del Río-Teucro na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Teucro non remonta e cae derrotado ante o Antequera cun gol sobre a bucina (21-20)
Por Almu Dapena |
-
Un Cisne moi superior volve gañar o derbi do Lérez ante o Teucro (26-33)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Teucro-Cisne, un partido que "lo tiene todo para animar a la gente a venir"
Por Diego Espiño |
-
Receo no Teucro ante a visita á cancha do pechacancelas, un ferido Palma del Río
Por Diego Espiño |
-
O Teucro suma unha nova vitoria a costa do Sarriá, equipo revelación esta tempada (28-23)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Teucro convoca para o 30 de outubro a asemblea de socios na que dimitirá o seu presidente, Carlos García-Alén
Por Redacción |