O Poio Pescamar recupera a Silvia Aguete para viaxar a Bilbao
Por Diego Espiño
Busca a terceira vitoria consecutiva na liga o Poio Pescamar na súa visita este domingo (12:00 horas) á cancha do Bilbo FS.
A boa noticia no cadro vermello é a volta de Silvia Aguete á convocatoria. A gardameta internacional recibiu o alta tras varias semanas ausente por lesión.
Raúl Jiménez recupera así a unha peza importante do equipo, mentres segue á espera de coñecer o alcance exacto da lesión que se produciu recentemente Antía Pérez. Este venres a futbolista foi sometida a un TAC en Vigo complementario á resonancia xa realizada e que non resultou clara, estando previsto que o vindeiro martes se poida ter un diagnóstico. No seu caso rende certo pesimismo ao temerse que sufra unha grave lesión no seu xeonllo un ano despois de romper o ligamento cruzado anterior no seu outra perna, doenza que lle mantivo case toda a tempada no dique seco.
En canto ao Bilbo, décimo cuarto clasificado con 3 puntos nas seis primeiras xornadas, chega á cita despois de catro derrotas consecutivas e coa necesidade de sumar. "Seguro que será un partido complicado e duro", recoñece Daniella Sousa, que pide ás súas compañeiras "enfocarnos en nós mesmas, estar concentradas" para evitar sropresas.
A xogadora brasileira cre que o equipo está "a mellorar cada día, tanto a nivel individual como colectivo", tal e como demostra a progresión de resultados que esperan manter este domingo en Bilbao.
A convocatoria vermella estará composta nesta ocasión por: Silvia, Caridad, Carol Agulla, Mirian, Clara, Daniella Sousa, Ana Rivera, Anna Escribano, Irene García, Andrea Feijóo e Iria Saeta.