Huesca, desprazamento complicado para un Peixe Galego que quere confirmar a súa progresión
Por Redacción
Nin as lesións nin o mal arranque na Liga LEB Ouro, con catro derrotas en catro xornadas, fan decaer a moral dun Peixe Galego que viaxa esta fin de semana ata Aragón para enfrontarse ao Levitec Huesca (venres, 21:00 horas) coa clara intención de continuar coa progresión mostrada no seu último encontro e, por que non, pelexar polo triunfo.
"Poco a poco nos vamos acercando al nivel que queremos y que yo creo que tiene el equipo para poder competir en la liga y esperemos que ya en este partdo se pueda ver", sinalou Javi Llorente antes de partir a expedición marinense rumbo a terras aragonesas.
Con todo "es una de las pistas más complicadas de la liga", avisa o técnico, xa que aínda que o Huesca marcha noveno cun balance de 2-2 trátase dun equipo "que juega muy agresivo en defensa, con un nivel de contacto muy alto".
O Peixe afronta a cita coa baixa de Álex Mazaira, que segue recuperándose da intervención á que foi sometido na zona abdominal, e con dous xogadores arrastrando molestias físicas, como son Juanchi Orellano e Joel Hernández.
Pola súa banda, o cadro oscense poderá contar para o duelo ante o Peixe Galego con Fran Cárdenas superada unha lesión de longa duración no seu xeonllo.