Boxeo para todas as idades en Marín co Campionato de España de Formas

Por Redacción

© Team Thunder Marín

© Team Thunder Marín
O boxeo segue crecendo en Marín, consolidado como un punto de referencia no noroeste peninsular grazas á actividade do Team Thunder.
O club marinense foi anfitrión a fin de semana do Campionato de España de Formas de Boxeo no pavillón do Colexio San Narciso.
Na competición participaron un total de 140 nenos e nenas chegados desde diferentes puntos da xeografía española.
Comba, sombra e manoplas foron as probas ás que se enfrontaron os xóvenes deportistas.
O Team Thunder ademais de actuar como local protahonizó unha notable actuación na casa. Así dominaron na categoría prebenxamín con Martín Grandío e Sofía Soto con senllas medallas de ouro e o bronce de Leo García. Pola súa banda en categoría alevín Lucas Hermida conseguiu unha medalla de prata e en idade infantil os irmáns Iker Barcia e Eloy Barcia foron bronce en manopla e corda respectivamente.
Relacionadas:
-
Récord de participación na terceira xornada de liga galega infantil de boxeo celebrada en Marín
Por Redacción |
-
O Team Thunder amplía as súas miras e leva o boxeo a Bueu
Por Redacción |
-
Positivo inicio de liga para o Team Thunder
Por Redacción |
-
Aarón González prepara o seu regreso á Selección Española cun triunfo no País Vasco
Por Redacción |
-
Amancio Martínez, do Team Thunder, ao campionato de España de categoría xuvenil
Por Manu Otero |
-
Aarón González retoma a competición cunha concentración en Andalucía
Por Redacción |
-
O Team Thunder triunfa e coróase campión da Liga Galega de boxeo
Por Sofía Lorenzo |