O Pontevedra B gana ao Sanxenxo (3-1) e o Vilalonga cae no derbi ante o Portonovo (3-1)
Por Redacción & Diego Torrado
Nova vitoria para o Pontevedra B despois de gañar ao Xuventud Sanxenxo por tres goles a un no partido disputado esta fin de semana na Xunqueira.
Adiantouse o filial cun gol de Martín Diz cando se cumpría a primeira media hora de xogo.
O gol do empate chegou despois de pasar polo vestiario. No minuto 68, un tanto de David Quintela poñía 1-1 no marcador.
Co partido igualado, a balanza empezou a caer cara ao conxunto local e con dous tantos de Hugo, nos minutos 78 e 88, o Pontevedra B conseguiu os tres puntos para colocarse noveno con 13 puntos.
Consulta a acta do partido Pontevedra B-Xuventud Sanxenxo na seguinte ligazón.
Derrota en casa do Ribadumia que recibiu en casa ao terceiro clasificado en liga, o Arnoia.
Despois dunha primeira parte na que non houbo goles, Karim foi o encargado de abrir a lata e marcar o único tanto do partido. Foi no minuto 53 e supón a vitoria do Arnoia na súa visita a Ribadumia.
Consulta a acta do partido Ribadumia-Arnoia na seguinte ligazón.
O Vilalonga cedeu esta fin de semana o coliderazgo tras perder por tres goles a un fronte ao Portonovo no derbi disputado en Baltar.
Os locais empezaron abrindo o marcador cun tanto de Ivo no minuto 18 e, cando o Vilalonga estaba buscando o empate, o colexiado pitou un penalti a favor do Portonovo que se encargou de materializar Migui e con el, poñer o 2-0 no marcador cando se cumprían os 30 minutos de xogo.
Pouco despois, o Vilalonga conseguiu recortar distancias cun tanto de Nico Fraga co que se chegou ao descanso.
Co 2-1 no marcador, a igualdade mantívose. Ningún dos dous equipos foi capaz de mover o marcador ata que, no minuto 90, Eze mandou o balón á rede para poñer o 3-1 a favor do Portonovo.
Consulta a acta do partido Portonovo-Villalonga na seguinte ligazón.
Pronto se adiantou o Cambados no partido no que visitou ao San Ciprián. Foi Aaron Paredes o que, no minuto 3 e na primeira chegada á portería rival, mandou o balón á rede do porteiro local.
Durante os seguintes compases de encontro, as ocasións eran para ambos os equipos pero ningún conseguía mover o marcador ata que, cando o partido estaba case finalizado, Pénjamo bateu a portería local e puxo o 0-2 no partido.
Consulta a acta do partido San Ciprián-Juventud Cambados na seguinte ligazón.
Primeira parte sen goles a vivida esta fin de semana na Illa no partido no que se enfrontaban o Céltiga e o Beluso.
Ao volver dos vestiarios, os locais demostraron ser moito máis superiores que o seu rival. Aos tres minutos do descanso o árbitro pitou un penalti que Grego encargouse de mandar á rede.
Co 1-0 en contra, o Beluso aumentou a presión en busca do empate pero de nada serviulle xa que pouco tardou en encaixar o segundo tanto, obra de Leandro no minuto 56.
Cando se chegaba aos últimos 15 minutos de partido, os locais Javi Ben e Grego puxeron o 4-0 con dous tantos en pouco máis de dous minutos.
O gol da honra para o Beluso marcouno Luís Osuna cando quedaba un minuto para que o colexiado pitase o final do encontro.
Consulta a acta do partido Céltiga-Beluso na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B non pasa do empate sen goles contra o Gran Peña na Xunqueira
Por Redacción |
-
O Pontevedra B deixa os 3 puntos ante o Barbadás (0-3)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Pontevedra B salva un punto no desconto ante o Velle (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B consegue a vitoria pola mínima ante o Valladares (1-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Repartición de puntos no derbi entre Villalonga e Pontevedra B (1-1) e entre Cambados e Ribadumia (0-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B gaña o Portonovo (0-2) e o Villalonga derrota o Atios para poñerse colíder (2-1)
Por Redacción |
-
Dobrete de Martín Diz e repartición de puntos no Pontevedra B - Moaña (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B cae goleado (6-1) na súa visita ao líder da Preferente, o Atios
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro e mérito para o Pontevedra B á conta de Cultural Areas (3-2)
Por Redacción & Diego Torrado |