Un tiro libre de María Lago salva os mobles ao Arxil en Avilés (50-51)
Por Redacción
Preto estivo o Club Baloncesto Arxil de regalar un partido que tiña no peto a 10 minutos do final na cancha do ADBA Avilés, pero as verdes amornaron os nervios nun apertado final para levar un valioso triunfo, o segundo da tempada na Liga Feminina 2 en tres xornadas.
As pontevedresas mantiveron a tónica do seu anterior encontro, e desde a defensa fixéronse fortes para dominar no electrónico. Así, desde o primeiro parcial (8-18) empezaron a marcar distancias.
As de Mayte Méndez baixaron a súa efectividade en ataque no segundo cuarto, pero esa intensidade defensiva permitía conservar a renda ao seu favor chegando ao descanso cun cómodo 16-26.
Tras o intermedio, o Arxil parecía sentenciar o partido. Non permitía puntos do ADBA e aos poucos abría aínda máis vantaxe ata os 20 puntos, chegando ao final do cuarto con 18 arriba (23-41).
Parecía imposible que o triunfo se puidese escapar, e con todo a punto estivo de ser así. As verdes atascáronse nos minutos finais e viron como o cadro local achegábase no marcador sen conseguir parar a hemorraxia ata que puxo o empate a 50 con pouco máis de 30 segundos por diante.
Foi entón cando apareceu o amorne dunha das veteranas do equijpo, María Lago. Unha persoal de Fraile levouna á liña de persoal, e aínda que fallou o seu primeiro tiro anotou o segundo para salvar dun problema ao seu equipo e poñer o definitivo 50-51. Houbo iso si que esperar á última xogada das asturianas, que fallaron desde o triplo o balón que lles podía dar a vitoria.
Relacionadas:
-
O Arxil vence o Añares Rioja e logra a súa terceira vitoria esta tempada (72-70)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O bo rendemento do Arxil no último cuarto non foi suficiente para gañar ao Aros (60-58)
Por Almu Dapena |
-
Natalia López di adeus á tempada co Arxil ao romper o ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Diego Espiño |
-
O Arxil plántalle cara o Estudiantes pero non consegue a vitoria (63-68)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Arxil busca o seu segundo triunfo e romper o meigallo de Avilés
Por Redacción |
-
Tres fichaxes e un novo patrocinador para dar un salto de calidade no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil consegue o seu primeiro triunfo nun traballado partido en Pozuelo (38-54)
Por Redacción |