O Teucro suma unha nova vitoria a costa do Sarriá, equipo revelación esta tempada (28-23)
Por Almu Dapena & Diego Torrado
O Teucro recibiu esta fin de semana ao Sarriá, un dos equipos revelación desta tempada, que nada puido facer ante un poderoso Teucro que chegou a conseguir unha diferenza de 6 tantos na segunda metade.
O partido comezou con poucos tantos nos primeiros 7 minutos onde só tres lanzamentos alcanzaron a rede de ambos os conxuntos (2-1). Co Sarriá competíndolle 'de ti a ti' ao Teucro e demostrando un gran poderío defensivo, a superioridade dos locais empezou a aflorar aos poucos. Dous tantos de Cisneros poñían unha diferenza de tres tantos no luminoso (4-1) que aos poucos se viu reducida polo equipo visitante que alcanzou a igualada cando se cumprían os primeiros 15 minutos de partido (8-8).
Co Teucro durmido, os visitantes adiantáronse no marcador por primeira vez no partido (11-12) pero os de Luís Montes souberon reaccionar e volvéronse a adiantar con tantos de Andrés Torres e de Moyano (13-12), pero a falta de 20 segundos para que finalizasen os primeiros 30 minutos, o Sarriá empatou o encontro (13-13).
Tras o descanso, os primeiros 5 minutos mantiveron a tónica da igualdade pero unha exclusión nas filas visitantes, provocaron que o Teucro lle dera a volta ao partido con tantos de Moyano (8 goles), Poveda e Iván Rodríguez (4 goles cada un). Co 19-15 no marcador, cumpríanse os 10 minutos da segunda metade.
Os de Pontevedra mostrábanse superiores mentres que ao Sarriá tentaba recortar distancias que de pouco servíanlle (19-17) xa que o Teucro volvía distanciarse ata alcanzar a maior diferenza do encontro (23-19).
Con 6 goles de diferenza e a falta de 8 minutos para que soase a bucina, o Sarriá nada puido facer para darlle a volta ao partido a pesar de pelexar ata o último minuto.
Con esta vitoria por 28-23 o Teucro colócase colíder co Cisne, ambos con 8 puntos e seguidos polo Torrelavega e o Villa de Aranda, ambos con 7.
Consulta a acta do partido entre Teucro- Sarriá na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Teucro non remonta e cae derrotado ante o Antequera cun gol sobre a bucina (21-20)
Por Almu Dapena |
-
O Teucro imponse ao Palma del Río e colócase líder en solitario (25-29)
Por Almu Dapena |
-
Receo no Teucro ante a visita á cancha do pechacancelas, un ferido Palma del Río
Por Diego Espiño |
-
O Sarriá, equipo revelación, pon a proba aoTeucro e o Cisne mide as súas aspiracións en Aranda
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
O Teucro convoca para o 30 de outubro a asemblea de socios na que dimitirá o seu presidente, Carlos García-Alén
Por Redacción |
-
O Teucro vence o Zamora para manterse nos postos altos da clasificación (29-27)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Teucro consegue os dous puntos ante un Torrelavega moi nervioso en ataque (28-30)
Por Almu Dapena |