O Poio Pescamar debe volver gañar na casa para non perder o tren da final a catro
Por Redacción
O Poio Pescamar recibe este sábado (18.30 horas) na Seca ao Ucam El Pozo Murcia co obxectivo de conseguir a súa segunda vitoria consecutiva, resarcirse da última derrota recibida ante o seu público por parte do líder, o Futsi Atlético Navalcarnero; e engancharse ao vagón de cabeza da clasificación, onde as vermellas están a catro puntos da cuarta praza que este ano dá acceso á final four polo título.
Unha que volverá contar con minutos despois de perderse varios partidos deste inicio ligueiro é Iria Saeta, que aos poucos vai collendo o ritmo das súas compañeiras. "É un equipo novo con xogadoras de calidade. Pero nós temos claro que en casa somos súper fortes e é complicado que nos gañen. Non podemos deixar escapar puntos se queremos pelexar por algo", asegura a rojilla.
O ambiente que se respira este ano no vestiario da Seca é o das grandes tempadas. "É un ambiente de ilusión, lle xente veu aquí para conseguir algo, teñen ambición e queren que este ano sexa un gran ano. Podemos conseguir algo bonito", recoñece Iria.
Coas que non poderá contar Raúl Jiménez, son con Silvia Aguete, que continúa unha semana máis de baixa por unha escordadura de nocello que sufriu durante a concentración coa Selección; nin con Antía Pérez, que se resentiu dun xeonllo e debe someterse a unha resonancia para coñecer o alcance da súa lesión.
Relacionadas:
-
Un inmellorable Poio Pescamar golea á UCAM na segunda metade (8-1)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Vitoria contundente do Poio Pescamar fronte ao Universidad de Alicante (1-4)
Por Almu Dapena |
-
Dous goles na primeira metade condenan ao Poio Pescamar fronte ao Atlético (1-2)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O virus Fifa cébase co Poio Pescamar antes de recibir ao Atlético
Por Manu Otero |
-
Empate amargo para o Poio Pescamar ante un Esplugues moi forte en defensa (1-1)
Por Almu Dapena |
-
Desquite do Poio Pescamar á conta do Alcorcón (8-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Demasiado Burela para o Poio Pescamar no debut ligueiro (4-1)
Por Redacción |