Javi López será operado o martes sen coñecer cal será o seu futuro no Pontevedra
Por Manu Otero
Javi López non volverá vestir máis a camiseta granate esta tempada. O extremo malagueño compareceu este mércores diante dos medios para explicar como se atopa física e animicamente, así como os seus plans de futuro.
De forma inmediata, a operación está fixada para o vindeiro martes 22 de outubro, o atacante granate someterase a unha intervención cirúrxica para recompoñer a rotura de menisco e ligamento cruzado que sufriu a semana anterior nun adestramento.
"A operacion é case igual que a outra e o proceso, nos primeiros meses será o mesmo que na anterior. Manu Barros irá dicindo, todos os días estou con el e levarame polo camiño", explica Javi López, quen xa pasou o ano pasado por unha situación similar. "Dentro do mal que estou pola lesión, non estou desanimado. Esta tómoma mellor que a outra porque xa sei o camiño e todo o que me espera", detalla o xogador.
Algo que reconforta ao malagueño son as mensaxes de apoio que está a recibir desde que se produciu a lesión. "Estou a recibir aínda máis mostras de agarimo que na anterior", recoñece. Un dos que se puxo en contacto co andaluz foi Iker Alegre, que tamén sufriu este grave contratempo durante a súa etapa en Pasarón.
"Non o coñecía. Pasoulle dúas veces, é maior que eu e segue xogando. Dime que non me preocupe que vou volver ben", agradece, citando tamén a compañeiros como Álvaro Bustos, que tamén coñece a cara amarga do fútbol; membros do corpo técnico e compañeiros doutros equipos.
Pola contra, de quen non recibiu aínda unha chamada, nin unha mensaxe é dos mandatarios do club. Cos que non falou sobre o seu estado de saúde nin sobre o seu futuro no equipo.
"De momento non falei nada co club", admitiu ao ser cuestionado sobre se Roberto Feáns ou Lupe Murillo puxéronse en contacto con el. Aínda así, López asume que o Pontevedra daralle a baixa para buscarlle un substituto. "Entenderíao perfectamente polo meu situacion. Este ano non creo que chegue a xogar ningun partido e o club necesitaraa", acepta o extremo.
A incerteza sobre o seu futuro e as opcións de atopar equipo son cousas que tamén preocupa a Javi López, que este verán finaliza contrato co Pontevedra e cumprirá 32 anos durante a próxima campaña. "Esas cousas pénsanse, pero tes xente que che axuda e quítanchas da cabeza", confesa.
Tampouco perde a esperanza de seguir vestindo a elástica do Pontevedra. "Estou moi a gusto pero xa non depende de min. Aínda que non puidese demostrar nada síntome moi querido. Moita xente dime que o ano que vén vai ser o meu ano, que me queren ver o ano que vén coa camiseta granate. Non puiden gozar todo o que me gustaría", admite apenado.
Sobre as causas de sufrir por segundo ano consecutivo unha grave lesión de xeonllo, Javi López non atopa unha explicación. "Sempre adestrei en céspede artificial e nunca tivera nada grave. Non sei se é porque este campo agarra moito, pero o que se lesiona son eu, non outro compañeiro. Non atopo unha causa", cuéstionase o extremo.
A pesar de que ten por diante oito meses de intenso traballo de recuperación, Javi López non perde a esperanza. "Se lle miras o lado bo é que polo menos podo terminar a tempada entenando co equipo e empezar a próxima pretemporada enteira, que este me perdín dúas ou tres semanas", afirma sen ningunha pretensión de marcarse prazos. "Só quero recuperarme ben", remata.
Relacionadas:
-
Roberto Feáns: "Hay que tomar medidas y buscar soluciones"
Por Diego Espiño |
-
Un mes para fichar, pero só no mercado nacional
Por Diego Espiño |
-
Confirmada a grave lesión de Javi López, que di adeus á tempada
Por Diego Espiño |
-
Javi López fai saltar as alarmas cunha preocupante lesión no primeiro adestramento da semana
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra recupera a Romay e Javi López para recibir ao Atlético Baleares
Por Manu Otero |