Gómez Noya, decimoterceiro en Kitzbühel: "Me he sentido vacío, las piernas no me iban y estoy decepcionado"
Por Alejandro Espiño
"Fue un día horrible", recoñecía Javi Gómez Noya nada máis rematar o triatlón de Kitzbühel (Austria), a quinta proba das Series Mundiais. "No me he encontrado con fuerzas y las piernas no me respondían". O ferrolán, que finalizou decimotercero, non puido facer nada contra o poderío do británico Alistair Brownlee, campión olímpico en Londres 2012, que se impuxo por diante do tamén español Mario Mola.
A competición comezaba coa baixa de última hora de Jonathan Brownlee, o menor dos irmáns británicos, motivada por unha intoxicación alimentaria. Malia a súa ausencia, Alistair, que non competía non competía desde San Diego, onde tamén gañou, por unha lesión nun tobillo protagonizó unha auténtica exhibición na moitos cualifican como a proba máis dura do circuíto debido ás súas tremendas rampas nos tramos de bicicleta e a pé,
Os 750 metros da natación, disputados polo lago Schwarzsee, foron dominados polo eslovaco Richard Varga. O primeiro español en completar o sector era Gómez Noya en sétimo lugar, a oito segundos do líder e seguido por Alistair Brownlee, oitavo. A partir de aí, o ritmo infernal que impuxo o británico coa bicicleta, nun percorrido de 867 metros de escalada, foi imposible de seguir polo galego. Intentouno, pero sen éxito.
Brownlee, que tamén tiña certas molestias estomacales, aumentou a súa vantaxe de forma paulatina tanto de Maria Mola como do suizo Sven Riederer, que se converteron nos seus perseguidores, xa que Gómez Noya comezou a desfondarse e a quedarse descolgado. Tras unha transición espectacular, Mola demostrou o seu gran momento de forma e non só amarrou o segundo posto, senón que se quedou preto tras un magnífico tramo a pé (2,5 km), moi duro, no que recortou ata os 37 segundos, mentres que Riederer pechou o podio a 1:23.
Ao término da proba, Mola recoñecía que a carreira fora moi dura. "Pensé que la bici iba a ser muy difícil, pero la carrera fue aún peor" e mostrouse moi satisfeito coa súa actuación. O mallorquín tamén tivo palabras de ánimo para Javier Gómez Noya. "Lo único que me apena de la carrera es su resultado, se merece estar adelante por su nivel y el entrenamiento que ha realizado. Aún así estoy seguro que en Hamburgo conseguirá remontar este puesto y lograr el resultado que se merece".
Gómez Noya, malia os problemas que sufriu durante toda a carreira, tivo arrestos para terminar polo menos na decimotercera praza, a 3:03. "Me he sentido vacío, las piernas no me iban y estoy decepcionado", dixo. Apuntou que foi un "día horrible" para el, posto que se atopou "sin fuerza desde el principio". El mesmo recoñecía en Twitter que non fora o seu mellor día.
Día horrible para mi hoy, sin fuerza desde el principio. Lo siento por todos los que me apoyáis. Carrerón @mariomola felicidades figura!
Javi Gomez Noya (@Jgomeznoya) July 6, 2013
En todo caso, Javi Gómez Noya mantense á fronte da xeral das Series Mundiais, con 2.744 puntos. Moi preto sitúase Mario Mola, que acumula 2.699 puntos e superou ao luso Joao Silva (2.422). Tras esta vitoria, Alistair Brownlee empatou co seu irmán Jonathan na sexta posición con 1.600 puntos.
A próxima proba das Series Mundiais disputarase en Hamburgo (Alemaña) o próximo 20 de xullo.
Relacionadas:
-
Gómez Noya, segundo en Estocolmo tras Alistair Brownlee cede o liderado das Series Mundiais
Por Alejandro Espiño |
-
Nove segundos separan da vitoria a Javi Gómez Noya, bronce en Hamburgo, ante os irmáns Brownlee
Por Ramiro Espiño |
-
Gómez Noya remata segundo en Madrid e colócase líder das Series Mundiais
Por Redacción |