Amancio Martínez, do Team Thunder, ao campionato de España de categoría xuvenil

Por Manu Otero
O Team Thunder, equipo marinense de boxeo, segue superando obxectivos. Ademais dos éxitos a nivel nacional do seu fundador e principal boxeador, Aarón González; o púxil Amancio Martínez acaba de dar un novo paso adiante na súa incipiente carreira ao conseguir o seu primeiro campionato galego en categoría xuvenil.
A pesar da súa mocidade, Martínez é un dos deportistas máis veteranos da escuadra marinense. Na cita autonómica, o marinense meteuse na final ao derrotar por KO técnico no terceiro asalto das semifinais ao seu rival. Foi a primeira vitoria oficial para o boxeador do Team Thunder. Na final esperaba Miguel Martínez, da Vella Escola de Vigo, que na rolda previa había mostrado o seu potencial ao eliminar a un medallista nacional.
A estratexia do club marinense centrouse en dominar o centro do cuadrilatero asalto a asalto. Amancio empezou o combate freando ao seu rival con golpes a diferentes alturas e levándoo ás cordas. No segundo asalto, o castigo foi maior e con bos golpes rectos, produciu unha hemorraxia nasal ao seu rival. O terceiro asalto era decisivo, pois anteriores combates, Amancio afacía baixar o seu rendemento. Non foi así e o marinense seguiu dominando a contenda ata facerse co ansiado triunfo.
A vitoria abre as portas de Amancio Martínez do campionato de España de categorías inferiores que se celebrará en Murcia entre o 3 e o 8 de decembro. É a última tempada na que o púxil do Team Thunder competirá en categorías basee e no club teñen depositada nel toda a confianza.
No campionato galego tivo lugar tamén unha sesión de boxeo entre o grupo de escolares do Team Thunder con mozos aprendices chegados de Asturias e outros puntos de Galicia. Ademais, houbo unha exhibición entre profesionais na que participou o propio Aarón González.
Relacionadas:
-
O Team Thunder amplía as súas miras e leva o boxeo a Bueu
Por Redacción |
-
Positivo inicio de liga para o Team Thunder
Por Redacción |
-
Aarón González prepara o seu regreso á Selección Española cun triunfo no País Vasco
Por Redacción |
-
Boxeo para todas as idades en Marín co Campionato de España de Formas
Por Redacción |
-
Aarón González convence no seu salto ao peso medio
Por Redacción |
-
Aarón González continúa a súa preparación física na Línea de la Concepción
Por Redacción |
-
O Team Thunder triunfa e coróase campión da Liga Galega de boxeo
Por Sofía Lorenzo |